Dólar de prata do 50 aniversario doMonte Rushmore180x180px180x180pxA/: Vista do Monte Rushmore; debaixo, pólas de loureiro. Data e marcas de gravador (MWS e CYM). Lendas: LIBERTY / GOLDEN ANNIVERSARY / MOUNT RUSHMORE NATIONAL MEMORIAL / IN GOD WE TRUSTR/: Gran Selo dos EEUU con raios de sol sobre o contorno do país. Marcas de ceca e gravador (FG). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / SHRINE OF DEMOCRACY / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: M. Somogyi e C. Y. Martin (anv.) e Frank Gasparro (rev.). Datas de emisión: 1991 Ceca: US Mint: Cecas de Filadelfia (P) e de San Francisco (S). Tiraxe: 871.558 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata do 50 aniversario do Monte Rushmore é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1991 e cuñada polas Casas da Moeda de Filadelfia e de San Francisco.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 101-332, do 16 de xullo de 1990,"Public Law 101-332 - JUL. 16, 1990". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha serie de moedas en homenaxe ao Monte Rushmore, en conmemoración do seu 50 aniversario."Mount Rushmore Golden Anniversary Dollar". United States Mint.
Xunto coa moeda dun dólar de prata, as moedas que completan a serie conmemorativa ao abeiro da mesma lei son a de cinco dólares de ouro e a de medio dólar, de cobre revestido con níquel.
Deseño miniatura|260x260px|O Monte Rushmore nunha perspectiva semellante á reproducida no anverso da moeda conmemorativa. No anverso da moeda, obra de Marika Somogyi e C. Y. Martin, represéntase unha vista da ladeira do Monte Rushmore cos bustos dos presidentes George Washington, Thomas Jefferson, Theodore Roosvelt e Abraham Lincoln, esculpidos por Gutzon Borglum. Por baixo deste motivo hai dúas pólas de oliveira atadas cunha cinta co lema IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos"), e na parte superior a palabra LIBERTY ("Liberdade"). As lendas alusivas ao motivo conmemorado son GOLDEN ANNIVERSARY / MOUNT RUSHMORE NATIONAL MEMORIAL."1 Dollar Mount Rushmore". Numista.com
Pola súa banda, o reverso, obra do gravador da US Mint Frank Gasparro, reproduce unha composición do Gran Selo dos Estados Unidos cuns raios de sol e sobre o contorno dos Estados Unidos, cunha estrela situada no lugar do Monte Rushmore e a inscrición SHRINE OF DEMOCRACY ("Santuario da democracia") . Este motivo do reverso está rodeado polas lendas alusiva ao nome do país e ao valor facial da moeda, así como o lema E PLURIBUS UNUM.
Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión deste dólar conmemorativo prevía unha tiraxe máxina de dous millóns e medio de exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia na súa versión estándar, en tanto que a Casa da Moeda de San Francisco se encargou da cuñaxe das moedas con acabamento especial (proof). A moeda foi presentada e posta ao dispor do público o día 15 de febreiro de 1991, no transcurso dunha cerimonia celebrada no Teatro Ford, en Dacota do Sur.
A súa produción foi de 133.139 moedas na súa condición estándar e 738.419 en versión proof, o que fai un total de 871.558 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1991 Mount Rushmore Anniversary". United States Mint.
A moeda comercializouse aos prezos de 26 dólares en condición estándar e 31 en versión proof. Consonte a lei que autorizou esta emisión, a metade dos beneficios acadados coa súa comercialización foron destinados á Mount Rushmore National Memorial Society, de Black Hills, Dacota do Sur, para a ampliación e o mantemento do Monte Rushmore, e a e outra metade ingresou no fondo xeral do Tesouro, co fin de reducir a débeda nacional.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"1991 Mount Rushmore Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América