Alice in Chains é o álbum autotitulado da banda de grunge de Seattle Alice in Chains. É o seu terceiro álbum e é tamén coñecido polo nome de Tripod debido á imaxe da súa portada, un can con tres patas. Foi editado o 7 de novembro de 1995 polo selo Columbia Records.

Alice in Chains foi a continuación do exitoso Dirt, e, de xeito semellante a este, os seus temas céntranse en temáticas como a depresión, o illamento, as drogas, a ira e a morte. O álbum baséase menos nos riffs metálicos dos seus anteriores álbums de longa duración, e enfatiza máis as melodías e os arranxos con texturas variadas, a semallanza do son delicado e acústico dos seus EPs. Trátase do derradeiro álbum de estudio co vocalista Layne Staley (que morrería dunha sobredose no ano 2002). O disco foi certificado dúas veces platino pola RIAA, e vendeu ao redor de 3 millóns de copias en todo o mundo.

Listaxe de cancións

Cancións extra no Xapón

Categoría:Álbums de Alice in Chains Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums de Columbia Records