Esta é unha lista de escudarías de Fórmula 1. Están as que algunha vez competiron, o fan actualmente ou o farán nun futuro próximo no Campionato Mundial de Fórmula 1.
Actualizada a día 15 de febreiro de 2025.
Terminoloxía: construtores - equipos Nas carreiras de Fórmula Un os termos "construtor" e "participante" teñen significados específicos e diferentes. Un participante é a persoa ou entidade corporativa que rexistra un coche e un piloto para unha carreira, e é o responsable de preparar e manter ese coche durante a fin de semana. Como resultado deste papel de preparación e participación activa no funcionamento da carreira, o termo "equipo" aplícase comunmente a unha organización participante.
Construtores
En virtude do artigo 6.3 do Regulamento Deportivo da FIA, "o construtor dun motor ou chasis é a persoa (incluíndo calquera persoa física ou xurídica) que posúe os dereitos intelectuais sobre devandito motor ou chasis." (.pdf) O título de campión mundial de construtores de Fórmula Un outórgase ao coche que logra máis puntos durante o transcurso da tempada, un construtor está formado pola escudaría fabricante do chasis e polo fabricante do motor que esta usa. Polo tanto, si o chasis e o motor do coche son construídos pola mesma entidade (por exemplo, Ferrari, Toyota, BRM etc.), a denominación é simplemente o nome do construtor. Pero, cando o chasis e o motor constrúense por diferentes entidades a denominación do coche comprende ambos (por exemplo, McLaren-Mercedes, Lotus - Climax etc.), o nome do construtor do chasis colócase antes que a do fabricante do motor. Como o motor e o chasis están incluídos no nome da escudaría, se un chasis participa con motores diferentes (por exemplo, Lotus - Ford, Lotus-BRM) son considerados dúas escudarías diferente e os puntos conséguense por separado. O título do Campionato Mundial de Construtores outórgase ao construtor do chasis da escudaría que logra máis puntos. Por esta razón, esta lista só ten en conta os construtores de chasis. Para obter máis información sobre os motores, véxase Motores de Fórmula 1.
Equipos Desde principios da década de 1980 a FIA require que as escudarías participantes na Fórmula Un sexan propietarias dos dereitos intelectuais dos chasis cos que participan, polo que os termos "escudaría" e "construtor", e xa que logo tamén "equipo", convertéronse en sinónimos.
Antes desta época, os construtores eran libres de vender os seus chasis a outros equipos que os quixesen. Brabham e o chasis Lotus foron utilizados amplamente por outros equipos durante os anos 1960 e 1970 e varios equipos moi competitivos nunca construíron o seu propio chasis. Rob Walker Racing Team foi o exemplo máis exitoso, sendo responsable das primeiras vitorias en Fórmula Un de Cooper e Lotus.
Houbo algunhas excepcións recentes nas que unha empresa especialista, que non participaba como tal no campionato, foi a encargada de deseñar e construír chasis para diferentes equipos; por exemplo os coches Lola construídos para Larrousse e Scuderia Italia a finais da década de 1980 e principios de 1990. A Larousse quitáronlle os puntos acadados na tempada logo de que a FIA decidira que nomearanse falsamente como construtores do chasis e non Lola. En , o novo equipo Arrows que fora fundado por expersoal de Shadow, foi demandado por Shadow sobre a base de que o coche Arrows FA/1 era unha copia do Shadow DN9, unha visión compartida polo Tribunal Superior do Reino Unido, que prohibiu a Arrows competir co FA/1. Déronse casos máis recentes con Ligier (1995), Sauber (2004), Scuderia Toro Rosso (2006 e 2007) e Super Aguri (2007 e 2008), estes equipos foron acusados de utilizar un chasis producido por outro construtor (respectivamente Benetton, Ferrari, Red Bull Racing e Honda). Non se tomaron medidas contra ningún destes equipos, as autoridades deportivas deron por probado en cada caso de que o equipo era dono da propiedade intelectual do chasis co que correron.
Construtores na actualidade
Correcto ata o Gran Premio de Abu Zabi de 2025 Nota: Ata o apoiado pola fábrica de cada construtor tiña licenza no país onde estaba realmente baseado. En 1965 Honda con licenza xaponesa trasladou o seu equipo de fábrica de Tokio, Xapón, a Amsterdam, Holanda, seguido en polo equipo Anglo American Racers con licenza estadounidense que tiña a súa sede en Rye, East Sussex, Reino Unido. Desde principios da década de 2000, a maioría dos equipos teñen a súa sede no Reino Unido, con licenza alí ou noutro país, e o resto ten a súa sede en Italia (Maranello e Faenza) e Suíza (Hinwil).
Clave: Construtor Motor Licenza Base Tempadas Carreiras Saídas Pil. Total saídas Vitorias Pts. Poles VR Pod. CMC CMP Primeiro Gran Premio Antes coñecido como Alpine Mercedes –presente 114 114 5 228 1 535 0 1 6 0 0 Bahrain 2021 Aston MartinHonda –,–presente 120 119 7 239 0 597 0 3 9 0 0 Países Baixos 1959 Jordan (1991–2005), Midland (2006), Spyker (2007), Force India (2008–2018), Force India (2018), Racing Point (2019–2020) Audi Audi –presente 0 0 2 0 0 0 0 0 0 0 0 Australia 2026 Sauber (1993–2005, 2010–2018), BMW Sauber (2006–2009), Alfa Romeo (2019–2023) Kick Sauber (2024–2025) Cadillac Ferrari –presente 0 0 2 0 0 0 0 0 0 0 0 Australia 2026— Ferrari Ferrari 1124 1122 83 2374 248 10722 254 265 836 16 15 Mónaco 1950— Haas Ferrari –presente 214 214 9 428 0 386 1 3 0 0 0 Australia 2016— McLaren Mercedes –presente 998 994 52 2065 203 7790´5 177 183 558 10 13 Mónaco 1966— Mercedes Mercedes 341 341 13 694 131 8159´5 143 115 310 8 9 Francia 1954 Tyrrell (1970–1998), {GBRb}} BAR (1999–2005), Honda (2006–2008), Brawn (2009)Racing Bulls Red Bull Ford–presente 48 48 4 96 0} 138 0 1 1 0 0 austria 2020 Minardi (1985–2005), Toro Rosso (2006–2019) AlphaTauri (2020–2023) Red Bull Racing Red Bull Ford –presente 418 417 13 836 130 8288 111 102 297 6 8 Australia 2005 Stewart (1997–1999), Jaguar (2000–2004) Williams Mercedes –presente 851 850 49 1619 114 3774 128 134 315 9 7 Arxentina 1978—
Construtores que xa non compiten