O Mikoyan-Gurevich MiG-17 (designación OTAN: Fresco) é un caza subsónico deseñado para os roles de superioridade aérea e cazabombardeiro na Unión Soviética. Voou por vez primeira en xaneiro de 1950 e comezou a operar dous anos despois na Forza Aérea Soviética e na doutros países como China (co nome Shenyang J-5), Polonia (PZL-Mielec Lim-6), ou Vietnam.
A meirande parte das versións do MiG-17 non poden levar mísiles aire-aire, e usan os seus canóns para derrubar avións inimigos. Foi usado na Guerra de Vietnam e resultou ser unha ameaza efectiva contra os cazas supersónicos estadounidenses.
Variantes I-300 Prototipo. MiG-17 ("Fresco A") Versión do caza básico equipado co motor VK-1. MiG-17A Versión de caza co motor VK-1A. MiG-17AS Conversión multipropósito, con capacidade para levar foguetes non guiados e o mísil aire-aire K-13. MiG-17P ("Fresco B") Versión de caza todo-tempo equipada co rádar Izumrud. MiG-17F ("Fresco C") Versión de caza básica co motor VK-1F con poscombustión. MiG-17PF ("Fresco D") Versión de caza todo-tempo equipada co rádar Izumrud e o motor VK-1F. MiG-17PM/PFU ("Fresco E") Versión de caza con rádar e mísiles aire-aire K-5. MiG-17R Avión de recoñecemento co motor VK-1F e cámara. MiG-17SN Variante experimental con dúas tomas de aire e morro redeseñado para levar canóns de 23 mm para atacar obxectivos terrestres.. Non foi producida. Shenyang J-5
Algúns exemplares retirados foron convertidos en brancos controlados remotamente.
Categoría:Aeronaves de Mikoyan Categoría:Aeronaves militares Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1950