miniatura|250px|Boeing 757 de Iberia miniatura|Sede de Iberia en Madrid miniatura|250px|Avión de Iberia sobrevoando O Burgo, Culleredo miniatura|dereita|200px|Airbus A340-600 de Iberia miniatura|A319-100 de Iberia Iberia é unha aeroliña española (o seu nome oficial é Iberia Líneas Aéreas de España, S.A., Operadora Unipersonal.). É unha das compañías aéreas máis antigas do mundo e está entre as cinco compañías aéreas máis grandes de Europa. Historia Fundación Iberia foi fundada o 28 de xuño de 1927 por Horacio Echeberrieta. O 14 de decembro dese mesmo ano realizou o seu primeiro voo. Estaba previsto que fose entre Madrid e Barcelona, con Afonso XIII a bordo, pero dúas horas antes engalara outro avión de Barcelona a Madrid coa intención de que o rei vise a súa aterraxe no aeroporto de Carabanchel (actual Cuatro Vientos)ABC - Así echó a volar Iberia... hace 80 años .

Iberia iniciou a súa actividade comercial con tres avións Rohrbach R-VIII Roland, uns trimotores con capacidade para dez pasaxeiros que viaxaban en asentos de vimbio, dous tripulantes, equipaxe e carga, dotados de lavabo e cunha velocidade punta de 205 km/h.

Nos primeiros anos comezan a establecerse as primeiras rutas entre cidades da península, as illas Canarias e algunhas cidades da costa do norte de África.

En 1929 Iberia foi forzada a ceder as súas rutas e avións á acabada de crear CLASSA, a instancias do ditame do Directorio Militar para formar un monopolio cunha soa compañía que agrupara todas as existentes por entón en España. Iberia retería parte do accionariado de CLASSA. Tras a proclamación da Segunda República Española, CLASSA foi disolta e creouse así LAPE, que absorbeu todas as rutas e bens de CLASSA. Todos os accionistas de CLASSA recibiron unha indemnización por iso. Durante todos os anos de existencia de CLASSA e LAPE, Iberia foi unha sociedade dormente sen actividade real, pero pese a iso, presentaba anualmente o seu balance de contas no rexistro mercantil.

Rutas internacionais En 1939 Iberia fixo o primeiro voo entre Madrid e Lisboa, comezando a realizar voos internacionais que ampliaría a comezos dos anos 40 incorporando á lista cidades como Londres, París ou Roma en Europa e Buenos Aires e Montevideo no continente americano. Convértese así na primeira compañía que establece, despois da guerra, un servizo aéreo entre Europa e América do Sur.

Na década dos 50 Iberia supera a cifra do medio millón de pasaxeiros, introdúcese no mercado do Atlántico Norte e o 3 de agosto de 1954 (aniversario da saída de Colón de Palos) inaugúrase a liña Madrid-Nova York con tres avións Super Constellation, bautizados cos nomes das carabelas de Colón: Pinta, Niña e Santa María.

Os primeiros reactores O 29 de maio de 1961 celébrase en California a entrega dos tres primeiros reactores da historia de Iberia, os DC-8, que serían bautizados "Velázquez", "El Greco" e "Goya". Este modelo de avión era considerado "o rei das longas distancias": Nova York, Caracas, San Xoán de Porto Rico, México, A Habana e Buenos Aires eran os seus destinos.

O 22 de outubro chega ao aeroporto de Madrid-Barajas o primeiro Boeing 747, coñecido popularmente como Jumbo. Este foi bautizado co nome de "Cervantes".

Nos anos 70 establécense novas rutas a destinos como Istanbul, Atenas, Varsovia, Budapest ou Kuwait. No mes de novembro de 1974 establécese a primeira Ponte Aérea de Europa, entre as cidades de Madrid e Barcelona como resposta á elevada concentración de pasaxeiros.

O 20 de xuño de 1987 Iberia, Air France, Lufthansa e SAS crean Amadeus, un sistema global de reservas informatizadas. Este proporciona a miles de axencias de viaxe e oficinas de venda de pasaxes información de horarios, dispoñibilidade de prazas e prezos de billetes de avión de distintas compañías aéreas; tamén facilita a reserva, compra e emisión dos billetes, entre outros servizos.

Modernización da frota Entre finais dos anos 80 e principios dos 90, Iberia moderniza a súa frota, os novos McDonnell Douglas MD-87, Airbus A320 e A340 e os Boeing 757 substituirían aos antigos Douglas DC-9, DC-10 e Boeing 727.

En 1991 creou o primeiro programa de fidelización de clientes nunha liña aérea: Iberia Plus. En 1992, Iberia é a aeroliña oficial dos Xogos Olímpicos de Barcelona e da Exposición Universal de Sevilla. En 1996 creou a súa páxina web (www.iberia.com).

Absorbeu Aviaco (Aviación y Comercio, S.A), xunto coa súa frota en 1999 e nese mesmo ano pasou a formar parte da alianza de aeroliñas Oneworld, xunto con British Airways e American Airlines entre outras.

Durante o ano 2001 Iberia foi privatizada e as accións comezaron a cotizar na bolsa de valores. Cara 2002, cando Iberia celebrou o seu 75 aniversario, levaba transportadas a preto de 500 millóns de pasaxeiros.

O 5 de febreiro de 2006 entregouse a nova Terminal 4 do aeroporto de Barajas a Iberia e aos membros da alianza Oneworld.

Frota Frota actual Iberia miniatura|McDonnell Douglas MD-87 En xuño do ano 2018 a frota de Iberia estaba formada polos seguintes avións: + Frota de Iberia <span style="color:#F7D358">Avión <span style="color:#F7D358">En servizoFleet Iberia en airfleets.comFrota de Iberia <span style="color:#F7D358">OrdersListados oficiais de Airbus con aeronaves encargadas, entregadas e operadas en airbus.com <span style="color:#F7D358">Pasaxeiros <span style="color:#F7D358">Notas <span style="color:#F7D358">P <span style="color:#F7D358">Y <span style="color:#F7D358">TotalAirbus A319-10015–var14var108141122Airbus A320-20016–varvar171Airbus A320neo214 TBAAirbus A321-20011–varvar200Airbus A321neo-4 TBAAirbus A330-20015–19269288Dous operados por Level.Airbus A330-3008–36242278Airbus A340-60017–4246300300342346Os máis vellos van ser substituídos por A330 e A350.Airbus A350-900115 TBATotal8540

Air Nostrum (Iberia Rexional) A frota de Air Nostrum en febreiro de 2011 estaba composta por 66 aeronaves, cunha idade media de 9,1 anos. <center> {| class="toccolours sortable" border="1" cellpadding="3" style="border-collapse:collapse" |+ Frota de Air Nostrum |- bgcolor=lightblue !Avión !Total !Pasaxeiros |- |ATR 72 |<center>5 |<center>64-68 |- |Canadair CRJ-200 |<center>35 |<center>50 |- |Canadair CRJ-1000 |<center>5 |<center>100 |- |Canadair CRJ-900 |<center>11 |89

Frota histórica

De 1927 ata 1945 Rohrbach Ro-VIII Roland (1927-1929) Junkers G 24 (1929-1936) Bréguet 26T Limousine (1929-1936) Savoia Marchetti S-62P (1930-1934) Ford 4-AT (1930-1946) de Havilland DH 89A Dragon Rapide (1934-1953) Dornier J Wal (1935-1936) Douglas DC-2 (1935-1946) Junkers Ju 52 (1937-1957) Douglas DC-1 (1938-1940) de Havilland DH.90 Dragonfly (1941-1948) Douglas DC-3 (1944-1973) De 1946 a 1965 Douglas DC-4 Skymaster (1946-1968) Airspeed AS-65 Consul (1948-1964) Bristol 170 Freighter Mk 21 (1948-1959) Stinson 108-3 Voyager (1950-1970) Bloch 161 Languedoc (1952-1960) Bristol 170 Freighter Mk 31 (1953-1963) Lockheed L-1049 Super Constellation (1954-1966) Convair 440 Metropolitan (1957-1972) de Havilland DH 114 Heron-2 (1957-1964) ATL 98 Carvair (1964-1966)

De 1961 a 2020 (era dos reactores) Douglas DC-8 (1961-1982) SE 210 Caravelle VI R (1962-1977) SE 210 Caravelle 10R (1966-1987) Douglas DC-8 Serie 63 (1968-1984) Douglas DC-9 (1967-2001) Fokker F27 Friendship (1970-1975) Douglas DC-10 (1973-2000) Boeing 727 (1972-2001) Boeing 747 (1970-2006) McDonnell Douglas MD-87 (1990-2008) Boeing 757 (1993-2008) McDonnell Douglas MD-88 (1991-2008) Airbus A300 (1979-2002) Airbus A340-300 e A340-600 (1998-2020)

Destinos

O Grupo Iberia «opera 94 destinos en 36 países diferentes, aos que hai que engadir 223 adicionais en 49 países grazas a acordos de código compartido con outras compañías aéreas».

Acordos de código compartido Iberia ten asinados acordos de voo con código compartido coas seguintes aeroliñas (* indica pertenenza á alianza Oneworld ou é unha filial súa): Air Malta Air Nostrum * American Airlines * Avianca (Star Alliance) British Airways * Bulgaria Air Comair * Copa Airlines Czech Airlines (SkyTeam) El Al Finnair * Gol Transportes Aéreos Grupo TACA Iberia Express * Japan Airlines * LAN Airlines * Qatar Airways * Qantas * Royal Air Maroc Royal Jordanian * S7 Airlines * Ukraine International Airlines Vueling Airlines

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Iberia

Categoría:Iberia LAE Categoría:Oneworld