Francisco García Villanueva, coñecido como Xerello, nado en Bueu cara a 1912 e finado en Marín o 7 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Veciño da zona da Ramorta. Na Segunda República, logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Bueu.El Pueblo Gallego, 13-3-1936, p. 12. Dirixente da Juventud Socialista.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na expedición que tentou acudir a Pontevedra na defensa da República. Foi detido o 31 de xullo acusado de insultar ás traballadoras da fábrica de Massó.El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 6. Xulgado en Pontevedra por rebelión o 18 de setembro, o fiscal Ramón Rivero de Aguilar retirou a acusación por non atopar materia de delito e foi absolto.El Diario de Pontevedra, 19-9-1936, p. 2. Intentan pasealo pero logrou fuxir con vida. Volven detelo e na madrugada do 7 de decembro foi trasladado de prisión no matadoiro de Marín. Xunto cos tamén detidos Francisco Escáneo Franco, Jacinto Lamosa Novas e José Seijas Camiña foron asasinados esa madrugada. O seu cadáver e o de José Seijas Camiña foron atopados preto do matadoiro de Marín. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ricardo Gómez Buceta e a represión no Bueu de Massó O aparello represivo en Bueu Represaliados na defensa da liberdade
Categoría:Concelleiros de Bueu Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1936
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos