Teun Adrianus van Dijk, nado en Naaldwijk o 7 de maio de 1943, é un teórico literario neerlandés, pioneiro nos campos da lingüística de textos, da análise do discurso e da análise da crítica do discurso.
Traxectoria Xunto con Walter Kintsch contribuíu ao desenvolvemento da psicoloxía no procesamento de textos. Dende a década de 1980 o seu traballo na CDA centrouse especialmente no estudo da reprodución discursiva do racismo polas "elites simbólicas" (políticos, xornalistas, eruditos, escritores), o estudo das noticias da prensa e sobre as teorías da ideoloxía e do contexto.
Fundou varios xornais internacionais: Poetics, Text (chamado na actualidade Text & Talk), Discourse & Society, Discourse Studies, Discourse & Communication e o xornal en liña Discurso & Sociedad (http://www.dissoc.org ), dos cales edita os últimos catro.
Teun A. van Dijk era catedrático de estudos do discurso na Universidade de Ámsterdam dende 1968 ata 2004; dende 1999 ensina na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. É, tamén, un conferencista que ten viaxado a moitos lugares para expoñer as súas teorías, especialmente en Latinoamérica.
Obra Some aspects of text grammars. A Study in theoretical poetics and linguistics. The Hague: Mouton, 1972. Text and context. Explorations in the semantics and pragmatics of discourse. Londres: Longman, 1977. Macrostructures. An interdisciplinary study of global structures in discourse, interaction, and cognition. Hillsdale, NJ: Erlbaum. Studies in the pragmatics of discourse. The Hague/Berlin: Mouton, 1981. Prejudice in discourse. Ámsterdam: Benjamins, 1984. Communicating Racism. Ethnic Prejudice in Thought and Talk. Newbury Park, CA: Sage, 1987. News as Discourse. Hillsdale, NJ: Erlbaum, 1988. News Analysis. Case studies of international and national news in the press. Hillsdale, NJ: Erlbaum, 1988. Racism and the Press. Londres: Routledge, 1991. Elite discourse and racism. Newbury Park, CA: SAGE, 1993. Ideology. Londres: Sage, 1998. Discourse and racism in Spain and Latin America. Ámsterdam: Benjamins, 2005. Context. A multidisciplinary theory. En preparación. Strategies of Discourse Comprehension. Nova York: Academic Press, 1983; canda a Walter Kintsch. Discourse and Discrimination. Detroit, MI: Wayne State University Press, 1988; canda a Geneva Smitherman-Donaldson. Racism at the Top. Parliamentary Discourses on Ethnic Issues in Six European Countries. Klagenfurt: Drava Verlag, 2000; canda a Ruth Wodak. Communicating Ideologies. Multidisciplinary Perspectives on Language, Discourse and Social Practice. Frankfurt/Main: Peter Lang, 2004; canda a Martin Pütz e Joanne Neff-van Aertselaer.
Libros editados Pragmatics of language and literature. Ámsterdam: North Holland, 1976. Handbook of Discourse Analysis. 4 vols. Londres: Academic Press, 1985. Discourse and communication. Berlín/Nova York: de Gruyter, 1985. Discourse Studies. A multidisciplinary introduction. 2 vols. Londres: Sage, 1997.
Véxase tamén Ligazóns externas ''' Discursos
Categoría:Lingüistas dos Países Baixos Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Holanda Meridional