1965 (MCMLXV) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano. Foi declarado «Ano Internacional da Cooperación» pola Organización das Nacións Unidas.

Acontecementos 1 de xaneiro: Permitese en España o uso nas celebracións litúrxicas do Evanxeo e as epístolas nas linguas vernáculas. 2 de xaneiro: Ayub Khan é elixido presidente de Paquistán. Febreiro: prohíbese publicar na prensa española arredor da doutrina en galego. 29 de novembro - Lanzamento do satélite artificial canadense Alouette 2. 16 de decembro - Lanzamento de Pioneer 6 para estudar o espazo interplanetario.

Nacementos miniatura|100px|Maria de Medeiros. miniatura|100px|Charlie Sheen. miniatura|100px|Karyn White. 1 de xaneiro - Xosé Monteagudo, escritor galego. 18 de febreiro - Dr. Dre, rapeiro e produtor musical estadounidense. 11 de abril - Jesús Calleja, alpinista e aventureiro leonés. 2 de maio - Miguel-Anxo Murado, escritor e xornalista galego. 9 de maio - Xosé Luís Bará Torres, político galego. 12 de maio - Panos Kammenos, político grego. 16 de maio - Krist Novoselic, baixista estadounidense, da banda Nirvana. 17 de maio - Trent Reznor, roqueiro estadounidense (Nine Inch Nails). 25 de maio - Soledad Castro Soliño, atleta galega. 1 de xuño - Nigel David Short, xadrecista inglés. 14 de xuño - Paco Lodeiro, músico, humorista e presentador de televisión galego. 31 de xullo - J. K. Rowling, escritora inglesa. 4 de agosto - Fredrik Reinfeldt, primeiro ministro sueco. 6 de agosto - Stéphane Peterhansel, piloto de rallys, gañador do Rally Dakar en nove ocasións. 13 de agosto - Carles Capdevila i Plandiura, xornalista catalán. 14 de agosto - Santiago Jaureguizar, xornalista e escritor galego. 19 de agosto - Maria de Medeiros, actriz portuguesa. 3 de setembro - Charlie Sheen, actor estadounidense. 9 de setembro - MC Shan, rapeiro norteamericano. 11 de setembro - Bashar al-Assad, Presidente de Siria. 2 de outubro - Ferhan e Ferzan Önder, xemelgas e pianistas turco-austríacas. 14 de outubro - Karyn White, cantante Estadounidensa. 20 de novembro - Yoshiki Hayashi, compositor de rock, pianista e batería xaponés, do grupo X Japan. 21 de novembro - Björk, cantante e compositora islandesa. 27 de novembro - Xabier Cordal, escritor galego. 3 de decembro - Juan Valdivia Navarro, músico español.

Mortes miniatura|100px|Winston Churchill. 4 de xaneiro - T.S. Eliot, escritor e poeta británico (n. 1888). 14 de xaneiro - Jeanette MacDonald, actriz e cantante norteamericana (n. 1903) 24 de xaneiro - Winston Churchill, primeiro ministro de Gran Bretaña e premio Nobel de Literatura (n. 1874). 21 de febreiro - Malcolm X, líder do nacionalismo negro estadounidense, é asasinado en Nova York (n. 1925). 5 de marzo - Ánxel Xohán, artista plástico galego (n. 1901). 10 de marzo - Xosé Castro Veiga, O Piloto, último guerrilleiro galego (n. 1915). 5 de abril - Antonio Pérez García, músico e político galego (n. 1899). 15 de abril - Xulio Sigüenza, xornalista e escritor galego (n. 1898). 21 de abril - Edward Victor Appleton, Premio Nobel de Física inglés. (n. 1892). 26 de abril - Lois Carré Alvarellos, etnógrafo e escritor galego (n. 1898). 18 de maio - Saturnino Piñeiro Groba, agrarista a xornalista galego. 6 de xuño - César Alvajar, escritor, xornalista e político galego (n. 1892).

13 de xuño - Martin Buber, filósofo e escritor xudeu (n. 1878). 10 de xullo - Jacques Audiberti, escritor francés (n. 1899). 28 de xullo - Rampo Edogawa, escritor e crítico xaponés (n. 1894). 22 de agosto - Xulia Minguillón, pintora galega (n. 1906). 27 de agosto - Le Corbusier (Charles Edouard Jeanneret), arquitecto e pintor suízo-francés (n. 1887). 8 de setembro - Hermann Staudinger, Premio Nobel de Química alemán (n. 1881). 16 de setembro - Wenceslao González Garra, navieiro e político galego (n. 1888). 11 de outubro - Dorothea Lange, fotógrafa norteamericana (n. 1895). 8 de decembro - Eugenio López Aydillo, xornalista e escritor galego (n. 1888). 16 de decembro - William Somerset Maugham, dramaturgo e escritor inglés (n. 1874). 30 de decembro - Xosé Mosquera Pérez, mestre galeguista (n. 1895).

Premios Nobel Premio Nobel de Física: Sin-Itiro Tomonaga, Julian Schwinger e Richard Feynman. Premio Nobel de Química: Robert Burns Woodward. Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina: François Jacob, André Michel Lwoff e Jacques Monod. Premio Nobel de Literatura: Mikhail Sholokhov. Premio Nobel da Paz: United Nations Children's Fund.

Día das Letras Galegas dedicado a: Eduardo Pondal

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1965