Xerardo González Martín, nado en Ávila o 1 de febreiro de 1942 e finado en Vigo o 17 de xullo de 2021, foi un xornalista e político español.

Traxectoria Graduado social. Foi director de El Correo Gallego, da COPE de Vigo, director durante un mes da Televisión de Galicia e director de Televigo. Dende agosto de 1976 dirixiu o semanario El Pope."Gerardo González Martín" El País . Durante a transición militou na UCD e foi o seu secretario provincial en Pontevedra, delegado provincial do Ministerio de Cultura en Pontevedra (1979-1981) e deputado no Parlamento de Galicia (1981-1985). Despois foi asesor do Partido Popular de Galicia e de Corina Porro. Foi un dos fundadores do Instituto de Estudios Vigueses. Finou en Vigo o 17 de xullo de 2021."Fallece el periodista Gerardo González Martín" Faro de Vigo ."Fallece en Vigo el periodista Gerardo González Martín" La Voz de Galicia .

Obra (lista parcial) La vocación ferial de Vigo: cien años para conseguir la Exposición Internacional de Pesca (Deputación de Pontevedra, 1985). ISBN 84-505-1978-0. Vigo no espello dos nosos avós (Edicións Xerais de Galicia, 1991). El orgullo de ejercer de vigués (Ediciones Cardeñoso, 1993). ISBN 84-87379-88-5, ISBN 84-7507-542-8. Gallegos al volante, 1900-1930: orígenes del automóvil en la provincia de Pontevedra (Instituto de Estudios Vigueses, 1995). ISBN 84-600-9138-4. Periodistas, impulsores del viguismo: 1874-1923, el "noventa y ocho" y otros hitos locales (Instituto de Estudios Vigueses, 1996). ISBN 84-89599-03-3. Pasión por Vigo: vida y obra del cronista Rodríguez Elías (Instituto de Estudios Vigueses, 2005). ISBN 84-89599-32-7. 120 anos de ciclismo galego (Editorial Galaxia, 2007). ISBN 978-84-7154-116-1. Ángel Llanos, fotógrafo (Editorial Galaxia, 2010). ISBN 978-84-9865-320-5. Diccionario de vigueses (1875-1945) (Deputación de Pontevedra, 2016). 4 volumes.

Recoñecementos Premio Luis Taboada. Premio Diego Bernal. Premio Vigués distinguido, 1999. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha do autor no sitio web da Editorial Galaxia

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por UCD Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Ávila Categoría:Finados en 2021 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Vigueses distinguidos