miniatura|Vexiga urinaria masculina e feminina. A cistite intersticial ou síndrome da vexiga dolorosa é unha doenza de causa descoñecida que se caracteriza por un aumento da frecuencia urinaria, a sensación de non poder conter a urina e a urxencia de miccionar o máis axiña posible. Tamén coexiste, xunto a estes síntomas, a dor na zona perineal ou abdominal. Todos estes síntomas prodúcense en ausencia dunha infección urinaria. Igual que moitas das patoloxías de etioloxía descoñecida, o diagnóstico é de exclusiónUn diagnóstico "de exlusión" é aquel que se fai cando antes se descartaron (de aí o nome "de exclusión") todas as demais enfermidades que poden causar eses síntomas. e baseado en síntomas do paciente.

Causa As causas da cistite intersticial son descoñecidas.

Síntomas Os síntomas da cistite intersticial inclúen:

Dor pelviana Aumento na frecuencia miccional (Poliaquiuria) Nicturia (aumento da micción pola noite) Disuria (dor ao miccionar).

Tratamento Dado que non se coñecen as causas da doenza, non existe un tratamento específico da enfermidade.

As opcións terapéuticas abranguen o tratamento médico, cirúrxico ou o cambio no estilo de vida.

En canto aos hábitos, recoméndase evitar o alcohol, a cafeína, as froitas da familia dos cítricos ou as comidas picantes, pois semella que estes compoñentes poden agravar a irritación da vexiga urinaria. O exercicio físico, e en especial os exercicios do chan pelviano de Kegel, poden ser útiles. Outras medidas non farmacolóxicas inclúen a redución do estrés ou a psicoterapia.

O tratamento da dor derivado da cistite intersticial trátase de xeito similar a outras patoloxías que cursan con dor. Os máis empregados son os analxésicos vía oral, coma os AINEs (ibuprofeno, dexketoprofeno ou metamizol) o paracetamol ou o polisulfato de pentosano sódico. Tamén se empregan antidepresivos tricíclicos ou anticonvulsivantes.

O tratamento medicamentoso tópico intravesical pode ser con dimetilsulfóxido ou con lidocaína. O tratamento cirúrxico consiste na hidrodistensión.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Infección urinaria Cistite Pielonefrite Prostatite Síndrome de fatiga crónica Fibromialxia Cefalea tensional Síndrome do intestino irritable

Categoría:Doenzas