Ocean Software foi unha compañía británica de software, un dos meirandes desenvolvedores europeos de software. Fundárona David Ward e Jon Woods a fins de 1983, tiña a súa sede na cidade de Manchester.

Historia e características Ocean realizou ducias de xogos para unha gran variedade de ordenadores, ZX Spectrum, Commodore 64, Amstrad CPC, Atari ST, Amiga, PC e videoconsolas como NES e SNES. Nos primeiros anos realizou sobre todo versións de xogos de máquinas recreativas para as que non precisaba licenza ao non ser copias exactas. Despois realizou conversións con licenza de xogos de máquinas recreativas de filmes. A fins de 1984 adquiriu a compañía Imagine Software xa que non podían lanzar tantos produtos como demandaba o mercado cunha única empresa. En 1998 Infogrames adquiriu Ocean por 100.000.000 de libras, o último programa en saír co nome de Ocean foi GT 64: Championship Edition para Nintendo 64

Videoxogos The Chinese Juggler, 1984 Hunchback, 1984, foi o primeiro arcade de salón en ser convertido ó ordenador baixo licenza Gilligan's Gold, 1984, versión de Bag-Man Eskimo Eddie, 1984, versión de Pengo Moon Alert, 1984, versión de Moon Patrol Daley Thompson's Decathlon, 1984 Street Hawk, 1986 Batman the Movie, 1989 Addams Family, 1992 Beach Volley, 1992

Categoría:Compañías de videoxogos