Gerardo Harguindey Banet, nado en Lugo o 29 de maio de 1937 e finado en Madrid o 25 de setembro de 1998, foi un político galego.

Traxectoria Irmán máis vello do tradutor Henrique Harguindey, estudou o bacharelato no Colexio dos Maristas de Lugo e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1964. Foi Subsecretario do Ministerio de Traballo (1977-1980), Conselleiro didáctico (1964) e Vicesecretario Xeral do Instituto Social da Mariña, delegado Provincial (1965-1970), director dos Servizos Provinciais de Madrid ata 1971 cando foi nomeado Vicesecretario xeral. Foi asesor da delegación gobernamental española nas Reunións Marítimas da Conferencia Internacional de Traballo (Xenebra 1970 e 1976).

Na transición foi membro do Partido Socialdemócrata, incorporado na UCD. Pola formación centrista foi escollido senador por Lugo nas cámaras constituíntes (1977-1979). Ao cesar como senador continuou vinculado ao goberno como subsecretario de Traballo e foi presidente da xestora da UCD na provincia de Lugo. Anos máis tarde, trala disolución da UCD, foi deputado do Centro Democrático y Social na Asemblea de Madrid (1987-1991), senador do CDS por Madrid (1989-1991). Foi presidente rexional de Madrid do CDS. Finou en Madrid o 25 de setembro de 1998.Necrolóxica en ABC, 27-9-1998, p. 117.

Recoñecementos Ten unha rúa en Celeiro ao seu nome. Vida persoal

Casou con María Regla Valero Bolaño e foi pai de María, Cristina, Carmina, Gerardo, Jorge e Almudena Harguindey Valero. Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Senadores por Lugo Categoría:Políticos do CDS Categoría:Políticos de UCD Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da II Lexislatura da Asemblea de Madrid Categoría:Senadores por designación da Asemblea de Madrid

Categoría:Nados en Lugo

Categoría:Nados en 1937

Categoría:Finados en 1998

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes