Renegades é o cuarto e derradeiro álbum de estudio da banda Rage Against the Machine. É un disco composto enteiramente por versións de artistas como Minor Threat, MC5, Rolling Stones, Cypress Hill e Devo, e foi editado o 5 de decembro do ano 2000 pola Epic Records, un tempo despois de que Zack de la Rocha dixera que deixaba o grupo. O resto dos membros da banda uniuse logo co ex vocalista de Soundgarden, Chris Cornell, e formaron o supergrupo Audioslave. Rage tivo de todos os xeitos, outro álbum, Live at the Grand Olympic Auditorium, un disco que contén as cancións dos dous últimos concertos que realizaron.

A versión Europea deste disco contén a canción "Kick out the Jams" e "How I Could Just Kill A Man" (con Cypress Hill), tocando durante eses últimos concertos, nos Ánxeles.

A portada do disco lembra á icona da arte pop LOVE (Amor) de Robert Indiana. Hai dúas versións de portadas, unha coas letras negras e o fondo negro e azul, e outra con cor verde substituíndo o azul.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de versións Categoría:Álbums producidos por Rick Rubin Categoría:Álbums de Epic Records Categoría:Álbums de Rage Against the Machine