1993 (MCMXCIII) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano, e foi Ano Santo Xacobeo.
Acontecementos 1 de xaneiro: entrada en vigor do Mercado Único Europeo. 1 de xaneiro: Checoslovaquia divídese en dous novos Estados: Chequia e Eslovaquia. 2 de xaneiro: as tres partes no conflito en Bosnia e Hercegovina reúnense en Xenebra. 3 de xaneiro: en Moscova, George H. W. Bush e Boris Eltsin firman o segundo Pacto Estratéxico de Redución Armamentística. 4 de xaneiro: Daniel Arap Moi é investido presidente de Kenya, tras ser reelixido nas primeiras eleccións multipartidistas en 26 anos, celebradas o 29 de decembro anterior. 20 de febreiro: lanzamento do observatorio espacial xaponés ASCA. 30 de outubro: accidente ferroviario preto dos Peares. Tres adolescentes mortos ao seren atropelados no interior dun túnel"Tres niños excursionistas muertos al arrollarles un tren en el interior de un túnel lucense", ABC, 31 de outubro de 1993, p. 79 .. 1 de novembro: entra en vigor o Tratado de Maastricht, dando comezo á Unión Europea. 10 de decembro: a UNESCO declara o Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade.
Nacementos 17 de febreiro: Marc Márquez, piloto de motociclismo español. 13 de maio: Debby Ryan, actriz estadounidense. 16 de xuño: Park Bo-gum, actor surcoreano. 14 de outubro: Takanori Nagase, judoka xaponés. 31 de decembro: Izaro Andres, cantante vasca.
Mortes 1 de xaneiro - Jean Mayer, investigador francés. 5 de xaneiro - Juan Benet escritor español (n. 1927). 6 de xaneiro - Rudolf Nureyev, bailarín e coreógrafo ruso. 6 de xaneiro - Dizzy Gillespie, trompetista estadounidense. 7 de xaneiro - Toshihiko Izutsu, filósofo xaponés (n. 1914). 17 de xaneiro - Luis Bazal, mestre e escritor galego (n. 1905). 20 de xaneiro - Audrey Hepburn, actriz estadounidense de orixe belga. 20 de abril - Mario Moreno Cantinflas actor cómico mexicano.(n.1911). 8 de maio - Dele Charley, escritor de Serra Leoa. 19 de xuño - William Golding, escritor inglés, premio Nobel de Literatura en 1983. 13 de xullo - Juan Martínez Buján, pintor, ilustrador e mestre galego (n. 1897). 18 de xullo - Jean Negulesco, director cinematográfico estadounidense de orixe romanesa (n. 1900). 24 de xullo - Jacinto Calvo López, político socialista galego (n. 1903). 31 de xullo - Rei Balduíno I de Bélxica (n. 1930) 31 de outubro - Federico Fellini, director de cine italiano. 1 de novembro - Severo Ochoa, bioquímico español, Premio Nobel en 1959 (n.1905). 25 de novembro - Anthony Burgess, novelista británico. 4 de decembro - Frank Zappa, músico estadounidense.
Premios Nobel Física: Russell A. Hulse e Joseph H. Taylor Jr. Química: Kary B. Mullis e Michael Smith Fisioloxía ou Medicina: Richard J. Roberts e Phillip A. Sharp Literatura: Toni Morrison Paz: Nelson Mandela e F.W. de Klerk Economía: Robert W. Fogel e Douglass C. North
Día das Letras Galegas dedicado a: Eduardo Blanco Amor.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1993