Gullspång é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland. Anteriormente pertencía ao desaparecído condado de Skaraborg. A súa capital é a localidade de Hova. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 5 031 habitantes.
Historia administrativa A área do concello correspóndese á das parroquias de Amnehärad, Hova e Södra Råda. Coa reforma municipal de 1862 creáronse nelas concellos rurais (landskommun) co mesmo nome.
A comunidade municipal deGullspång estableceuse o 10 de novembro de 1937 no concello rural de Amnehärad.
Coa reforma municipal de 1952 creáronse os grandes concellos de Hova (a partir dos municipios de Hova e Älgarås) e Visnum (de Södra Råda e Visnum), mentres que o concello rural de Amnehärads quedou inalterado. A finais de 1958 disolveuse a sociedade municipal de Gullspång.
O actual concello de Gullspång fundouse coa reforma de 1971 a partir do concello rural de Amnehärad, edunha parte do de Hova (a parroquia de Hova för) oe unha parte do de Visnum (a parroquia de Södra Råda). A parroquia de Södra Råda foi transferida simultaneamente ao condado de Skaraborg dende o condado de Värmland.
Xeografía O municipio está situado no nordés do landskap de Västergötland, tendo unha pequena parte no sueste de Värmland (o distrito de Södra Råda), na ribeira leste do lago Vänern. O concello de Gullspång limita ao norte co de Kristinehamn no condado de Värmland, ao leste cos de Degerfors e Laxå no condado de Örebro, ao sur co de Töreboda e ao suroeste co de Mariestad. Ao oeste o municipio ten unha fronteira marítima co concello de Säffle en Värmland.
Topografía e hidrografía Gullspång atópase entre os grande lagos Vänern, Skagern e Unden. No río Gullspångsälven, que se estende entre o Skagern e o Vänern, hai excelentes zonas de desova para salmón e troita. O leito rochoso fracturado adoita estar cuberto de morenas e coníferas.
No noroeste do concello, en Åråsviken, hai unha gran zona con morenas terminais que ás veces forman illas alongadas en dirección noroeste-sueste. A vexetación das dorsais das morenas está dominada polo bosque de coníferas, pero tamén son habituais muros de árbores caducifolias. A zona é rica en aves, especialmente na área de Runnäsholmen, no nordeste do municipio, en Skagern, coñecida pola súa colonia de garzas.
Tanto o Skagern como o Unden son augas populares para a pesca. En Tivedsskogarna hai tamén moitos lagos pequenos que enriquecen aínda máis a natureza da zona.
Conservación da natureza No ano 2025 había no concello oito reservas naturais. Na de Gullspångsälven o Proxecto Gullspångslaxen levou á construción dunha escada para salmóns a principios da década de 2000. O obxectivo era era preservar o Gullspångslax, un dos poucos tipos de salmón que pasa toda a súa vida en auga doce, cuxo medio natural fora destruído en relación coa construción dunha central eléctrica a principios do século XX.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västra Götaland