Alfred Nu Steele, coñecido como Alfred Steele, nado en Nashville, Tennessee, o 24 de abril de 1900 e finado en Nova York o 19 de abril de 1959, foi un empresario estadounidense famoso por ser director executivo (CEO) de Pepsi.

Traxectoria Graduouse na Universidade Northwestern de Illinois en 1923. O seu primeiro traballo foi en Coca-Cola como vicepresidente de mercadotecnia.

En 1949 converteuse en CEO de Pepsi-Cola. Baixo a súa dirección, as vendas triplicáronse entre 1955 e 1957. Reduciu o contido de azucre dos produtos Pepsi. Finou por un ataque cardíaco en abril de 1959.

Foi o cuarto e derradeiro marido da actriz Joan Crawford (casaron o 10 de maio de 1955 en Las Vegas). Despois da súa morte, o novo director de Pepsi, escollido por Steele, nomeou a Crawford membro do Consello de Administración, onde permanece até a súa xubilación forzosa en 1973. A actriz colaborou na promoción da bebida en varias películas, como Strait-Jacket (1964) ou Berserk! (1967), e xestionou o patrocinio dun pabillón de animatrónicos na Exposición de Nova York con Walt Disney.

Tanto Alfred como Crawford están enterrados no cemiterio de Ferncliff en Nova York. O seu nome na cripta indica incorrectamente a súa inicial do medio como "M" en vez de "N" sen razón explicada.

Na cultura popular Foi interpretado por Harry Goz no filme Mommie Dearest de 1981.

Notas

Categoría:Personalidades dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades da empresa Categoría:Finados en 1959 Categoría:Nados en 1900 Categoría:Personalidades sen imaxes