miniatura|240px|Arius sp. á espera do seu procesamento. Iacarta. Arius arius é un peixe actinopterixio da orde dos siluriformes que é a especie tipo da familia dos aríidos e da subfamilia dos ariinos.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1822 polo médico, botánico e zoólogo escocés Francis Buchanan-Hamilton,Arius arius (Hamilton, 1822) no WoRMS. Consultado o 23 de agosto de 2022.Arius arius (Hamilton, 1822) no GBIF. Consultado o 23 de agosto de 2022.Arius arius (Hamilton, 1822) na BioLib. Consultada o 23 de agosto de 2022. baixo no nome de Pimelodus arius.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Arius boakeii Turner, 1867 Arius buchanani Day, 1877 Arius cochinchinensis , 1864 Arius falcarius Richardson, 1845 Bagrus crinalis Richardson, 1846 Pimelodus arius Hamilton, 1822 (basónimo) Pimelodus mong Richardson, 1846 Tachysurus arius (Hamilton, 1822)

Nota taxonómica Hamilton describiuno en 1822, incluíndoo no xénero Pimelodus, da familia dos pimelódidos.Hamilton, F. (1822): An account of the fishes found in the river Ganges and its branches. Edimburgo & Londres. i-vii + 1-405, Pls. 1-39.

Hábitat e distribución Arius arius é unha especie de augas mariñas e salobres tropicais, demersal e anfídromo.Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Axencia Federal para a Conservación da Natureza. Bonn, Alemaña. ISBN 978-3-7843-3845-3.

A especie ten unha distribución indo-pacífica, encontrándose en zonas costeiras desde Paquistán até o sur da China (Hainan, Guangdong e Hong Kong, pasando pola India, Sri Lanka, até Bangladesh, Myanmar, Tailandia, Malaisia (peninsular) e o mar da China Meridional (Camboxa e Vietnam).

Características Arius arius presenta un escudo liso na cabeza, na súa parte anterior, cunha serie de gránulos e rugosidades na parte posterior. A aleta adiposa presenta unha gran mancha negra. A aleta dorsal cun raio espiñento, cun filamento na súa punta. Con de 17 a 22 raios brandos na aleta anal. A liña lateral bifúrcase na base da aleta caudal. O pedúnculo caudal é moderadamente bifurcado. Presenta branquiespiñas na parte posterior de todos os arcos branquiais.Kailola, P. J. (1999): "Ariidae (=Tachysuridae): sea catfishes (fork-tailed catfishes)". pp. 1827-1879, en K. E. Carpenter & V. H. Niem (eds.) FAO species identification guide for fishery purposes. The living marine resources of the Western Central Pacific. Vol. 3. Batoid fishes, chimaeras and bony fishes part 1 (Elopidae to Linophrynidae). Roma: FAO. ISBN 92-5104-302-7.

Bioloxía É común en estuarios, ríos e lagos de auga salobre. Aliméntase principalmente de invertebrados.Jayaram, K. C. (1984): "Ariidae". En W. Fischer & G. Bianchi (eds.) FAO species identification sheets for fishery purposes. Western Indian Ocean fishing area 51. Vol. 1. Roma: FAO.

Pesca Captúrase principalmente con nasas, e trampas de estacas de bambú, e tamén con anzois en liñas.

Estado de conservación Arius arius é unha especie xeneralizada sen que se coñecen grandes ameazas, polo que, polo de agora, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avalía o seu status como LC (de pouco preocupante), aínda que pode ser necesario reavaliar esta especie unha vez que se dispoñan de datos empíricos para mostrar o efecto da pesca comercial na poboación mundial.Pal, M. (2012): Arius arius na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 23 de agosto de 2022.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. California Academy of Sciences. San Francisco, California, Estados Unidos. ISBN 0-940228-47-5. ISBN 978-1-8900-8702-9. Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, Nova Jersey, Estados Unidos: T.F.H. Publications. Helfman, G., B. Collette & D. Facey (1997): The diversity of fishes. Blackwell Science: Oxford. ISBN 0-8654-2256-7. Moyle, P. & J. Cech (2003): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4ª edición. Upper Saddle River, Nova Jersey, Estados Unidos: Prentice-Hall. ISBN 978-0-1310-0847-2. Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World (4ª ed.) Hoboken, Nova Jersey, Estados Unidos: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9. Wheeler, A. (1985): The World Encyclopedia of Fishes, Londres: Macdonald. ISBN 0-3561-0715-9.

Outros artigos Siluriformes Aríidos Ariinos Arius

Ligazóns externas AQUATAB.NET

Categoría:Siluriformes