Scott Shriner, nado en Toledo (Ohio) o 11 de xullo de 1965, é un músico estadounidense, actual baixista da banda de rock Weezer.

Traxectoria Shriner comezou a tocar o baixo no instituto. Despois de unirse aos Marines durante dous anos despois do instituto, decidiu que quería tocar o baixo profesionalmente. Shriner mudouse aos Ánxeles (California) aos 25 anos e tocou en varias bandas, incluíndo Broken, Bomber, The Movers, Exciters, Loved By Millions, Black Elvis, The Great Barbecue Gods e a banda de Vanilla Ice.

Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Toledo, Ohio