The Florida Project é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Sean Baker e escrito por Baker e Chris Bergoch. Está protagonizado por Willem Dafoe, Brooklynn Prince, Bria Vinaite, Valeria Cotto, Christopher Rivera e Caleb Landry Jones. Para gran parte do elenco foi o primeiro filme no que apareceron. O argumento conta a historia dunha nena de seis anos que vive coa súa nai desempregada e solteira nun motel en Kissimmee, Florida, mentres tratan de manterse fóra dos problemas e chegar a fin de mes. As dificultades da súa vida en Kissimmee contrastan co próximo Walt Disney World. O título do filme fai referencia ao nome en clave inicial de Walt Disney World durante a súa fase inicial de planificación.

Estreouse en galego o 19 de abril de 2023 a través da TVG.

Personaxes Brooklynn Prince como Moonee Bria Vinaite como Halley Willem Dafoe como Bobby Hicks Christopher Rivera como Scooty Mela Murder como Ashley Valeria Cotto como Jancey Josie Olivo como avoa Stacey Aiden Malik como Dicky Edward "Punky" Pagan como pai de Dicky Caleb Landry Jones como Jack Hicks Macon Blair como Turista John Sandy Kane como Gloria

Notas

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Sean Baker Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes rodados en Florida Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de A24 Films Categoría:Filmes de 2017 con versión en galego