miniatura|Un home lhotshampa cunha tarxeta de identidade de cidadanía butanesa. O pasaporte de Bután é un documento que autoriza e facilita as viaxes e outras actividades en Bután ou por parte de cidadáns butaneses. O Ministerio de Asuntos Exteriores de Bután expide pasaportes de viaxe ao estranxeiro aos cidadáns de Bután para viaxes internacionais. É válido para todos os países a non ser que se indique o contrario.

Linguas O pasaporte contén texto en inglés e dzongkha (escrita tibetana).

Na cultura popular En 2013, un usuario da Wikipedia que afirmaba ser butanés e falante nativo de dzongkha engadiu un ficheiro de son no artigo sobre o pasaporte butanés da Wikipedia en inglés, lido cun modulador de voz. Foi considerado humorístico polos comentaristas de internet, o que fixo que se convertera nun meme. O son foi eliminado en 2015 despois dun debate na páxina de conversa do artigo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Relacións internacionais de Bután Ligazóns externas Páxina oficial do Ministerio de Auntos Exteriores de Bután

Bután Categoría:Dereito en Bután