miniatura|Escena nunha vasilla dunha ménade sostendo un tirso miniatura|Vara de tirso Un tirso é un bastón de canafrecha (Ferula communis), forrado de vide ou hedra (e ás veces de lazos) e rematado por unha piña de piñeiro. Trátase dun símbolo fálico que representa a forza vital asociada polo xeral co deus grego Dioniso (no panteón romano, Baco). Crese que a súa orixe está no antigo Exipto e en Fenicia. O pobo tracio asimilouno na Antigüidade e despois pasou a todo o mundo helenístico.
O tirso relaciónase tamén coa vara máxica dos conxuros e cos símbolos axiales verticais, que representan o eixo do mundo ou teñen relación analóxica con el.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Dioniso Deidades primordiais da mitoloxía grega
Categoría:Fenicia Categoría:Símbolos do Antigo Exipto