María Pilar Valero Cebrián, nada en Zaragoza o 27 de maio de 1970 e finada o 7 de novembro de 2022, foi unha xogadora española de baloncesto, gañadora de seis ligas e catro copas, internacional coa selección e considerada unha das mellores xogadoras aragonesas.
Militou no club Celta Bosco, co que gañou dúas Ligas e unha Copa da Raíña nunha primeira etapa de cinco tempadas e despois regresou para xogar outras tres xa como ilustre veterana e retirarse aquí para pasar a formar parte do corpo técnico do hoxe seleccionador español, o vigués Miguel Méndez.
Notas
Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Nados en 1970 Categoría:Finados en 2022