Julio Bello Sierra, nado en Carucedo, provincia de León, en 1898 e finado en Montefurado o 31 de outubro de 1936, foi un obreiro ferroviario español.

Traxectoria Dende novo traballou na Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España (Ferrocarriles del Norte). En 1935 foi destinado ao posto situado no quilómetro 320/529 da liña Palencia-A Coruña, próxima a Montefurado. Sen filiación política ou sindical coñecida, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tres falanxistas de Carracedelo e Toural dos Vaos presentáronse na súa casa o 31 de outubro para detelo e interrogalo. Saíu do seu domicilio detido e foi asasinado aos poucos metros. O seu cadáver foi lanzado ao río Sil. O 20 de novembro de 1936 o seu corpo apareceu augas abaixo, na aldea das Covas, onde se denunciou a aparición do corpo e foi identificado e soterrado.

En agosto de 2016 a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) localizou e exhumou os seus restos.Exhuman en Quiroga los restos de un ferroviario asesinado en 1936

Vida persoal

Casou con Isabel Arias Arias e foi pai de catro fillos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo La memoria de Julio Bello

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Carucedo Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1936