Entrimo é un concello da provincia de Ourense, que pertence á comarca da Baixa Limia. En 2014 tiña 1323 habitantes, segundo o padrón municipal (1386 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «» (2007): Libro de estilo do Concello de Santiago, páx. 166. Concellaría de Política Lingüística. Departamento de Lingua. C 1644-2007.
Xeografía O concello, de 85,43 km², abrangue 5 parroquias e 18 lugares. Limita ao norte con Melgaço (Portugal), ao nordeste con Lobeira, ao sueste con Lobios a través do río Limia (encoro de Lindoso no sur), e ao oeste con Arcos de Valdevez a través do río Barcia e con Castro Laboreiro (Melgaço).
É un concello de orografía montañosa, cunha altitude media de 511,4 m sobre o nivel do mar. Ao oeste do concello están as serras do Quinxo, e ao leste a serra de Queguas (extremo Oriental).
Historia Na zona hai restos de asentamentos humanos desde a época do megalitismo, como as mámoas de San Fiz. Da época castrexa son os castros do Monte do Quinxo, a Pía da Moura e o Penedo das Serpes. Antes da romanización de Galicia, a zona estaba habitada polos quarquernos.
A toponimia dos montes Lumiares e Penedo da Facha parece indicar lugares onde se facían fogueiras de sinais.
O topónimo Entrimo aparece como Interimi nun documento de concordia do 6 de xaneiro de 1149, entre o bispo Martiño de Ourense e o abade Paio de Celanova. O mosteiro de Celanova exerceu dominio xurisdicional sobre varias aldeas durante bastante tempo. O abade era copartícipe do Rei, e nomeaba xuíces ordinarios e cobraba as rendas.
O 15 de xaneiro de 1368 a zona foi doada xunto coas de Lobeira, Araúxo e Abelenda por Henrique II a Xoán Rodríguez de Biedma, principal secuaz dos Trastámara. A doazón foi feita antes de que Henrique tivese a coroa e o dominio de Galicia. Posteriormente, a herdanza dos Biedma pasou a mans do Condado de Monterrei. Con todo os Trastámara cederon a xurisdición de Entrimo a Diego Pérez Sarmiento, conde de Santa Marta, pasando despois ao condado de Ribadavia.
En marzo de 1608 o rei Filipe III eximiu a Entrimo de cargas militares polo estado constante de alarma debido á situación na fronteira con Portugal. A zona sufriu incursións, requisas de gando e colleitas e queima de arquivos. Esta exención foi confirmada o 30 de xullo de 1643 por Filipe IV.
En 1909 apareceu en Entrimo o periódico Picaraño, subtitulado Periódico Republicano Radical Revolucionario.
Demografía
Censo total 1323 (2014) Menores de 15 anos 70 (5,29 %) Entre 15 e 64 anos 719 (54,35 %) Maiores de 65 anos 534 (40,36 %)
Cultura
Toponimia Entrimo é un composto da palabra latina inter 'entre' e da palabra prerromana imio 'río', querendo dicir 'entre ríos', posiblemente referíndose ao Limia e aos ríos da Montaña e do Agro.
Patrimonio Entre o seu patrimonio destaca a igrexa de Santa María a Real.
Entrimo na literatura popular Á nosa Virxe de Olelas/ quérena mudar arriba;/ non han de ver o que coidan/ os baraceiros de Illa Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 39. Olelas e A Illa son lugares da parroquia da Illa, concello de Entrimo. A Terrachán ten orgullo/ de que ten no medio a igrexa,/ mais tamén é polo úneco/ que os outros pobos a envexan Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 50. No orixinal: orgulo. A Terrachá é lugar da parroquia e concello de Entrimo.</ref> Adios, igrexa de Entrimo,/ de espaldas te vou mirando;/ a saída será hoxe/ i a entrada non sei cando Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30.. Adios, igrexa de Entrimo,/ tronco de tódalas flores;/ adios, pobo de Galez,/ onde quedan meus amores Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. San Fiz de Galez é unha parroquia do concello de Entrimo.. Anque che son pequeniña,/ anque che son entrimeña,/ téñoche moito diñeiro/ ia bulsa non é pequena Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 40.. As mociñas do Casal/ cantan e poden cantar:/ teñen un mozo con cornos/ á entrada do lugar Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 49). Hai moitísimos lugares co nome de Casal e O Casal, pero o único situado na Limia Baixa é lugar da parroquia e concello de Entrimo. O autor sitúa O Casal como lugar da “parroquia da Terrachán” aínda que o Nomenclátor identifica A Terrachá como outro dos lugares da mesma parroquia de Entrimo. Engade que ese "mozo con cornos" non é outro que a figura do demo ós pés de San Miguel, nunha imaxe dunha capela existente no Casal.. As mociñas, as de Entrimo,/ todas gastan polisón/ que llo figo un carneireiro/ da pelica dun leirón Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. Os leiróns son pequenos roedores, comúns nas zonas boscosas.. Desde o Outeiro a Guxinde/ hai unha boa tirada;/ cantas pasadas eu dou/ por ir ver á miña amada Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 69. No orixinal: Gaxinde. Resulta imposible identificar este Outeiro; Guxinde é lugar da parroquia da Pereira, concello de Entrimo.. En Queguas canta o cuco,/ en Vilar a cabra vella,/ en Véncias cantan os anxos/ que é a flor da nosa terra Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 74. No orixinal: Rueguas. Xaquín Lorenzo di que a forma oficial é Venceás, aínda que os veciños digan Véncias, pero no Nomenclátor atopamos Venceáns (San Tomé), parroquia de Entrimo. Na parroquia só hai os tres lugares ós que fai mención a cantiga: Queguas, Vilar e Venceáns.. En Véncias cantan os galos/ i as pitas na ferreiría;/ esgarreai e botai,/ que eiquí non hai porquería Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 75. Venceáns é parroquia de Entrimo; esa "ferreiría" pode ser erro por Ferreiros, outro lugar da parroquia e concello de Entrimo.. Eu non falo castellano,/ galego nin portugués,/ falo entremesellano/ que participa dos tres Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 82.. María, miña María,/ miña repimpinadeira,/ como te vai a levar/ ise tolo da Pereira! Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 93). San Facundo da Pereira é unha parroquia do concello de Entrimo.. Miña Virxe da Subreira/ é amiga da goteira;/ póñenlle o carballo á porta,/ heille planta-la videira Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 103. No orixinal: plantala. Nosa Señora da Sobreira é padroeira de Ferreiros, lugar da parroquia e concello de Entrimo.. Niste lugar de Guxinde,/ ao revolver das ladeiras,/ pasade coa faldra fóra/ pola mor das costureiras Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 108. No orixinal: fora.. Niste lugar de Guxinde,/ no pasar polas ladeiras,/ pasade coa faldra fóra/ pola mor das feiticeiras <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 108. No orixinal: fora. Crese que andar coa faldra fóra escorrenta as bruxas, quizais por semellanza coa alba dos sacerdotes. Guxinde é lugar da parroquia de San Facundo da Pereira, no concello de Entrimo.. No lugarciño de Queguas/ levouno todo a xiada;/ só quedou un caravel/ por baixo dunha arribada Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. No orixinal: Quenguas, levóuno, quedóu, de unha. Queguas é lugar da parroquia de San Tomé de Venceáns, Entrimo.. O lugarciño de Queguas/ hémolo fundir a tiiros:/ as balas han de ser ouro/ as municiós de sospiros Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119.. O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.. Outeiro, tu estás no alto,/ non te ve a Terrachán;/ tu es máis frío ca ela,/ pero dás ben millor pan Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 127. No orixinal: tú, és. A Terrachá é lugar da parroquia de Entrimo, concello de Entrimo. Río abaixo, río arriba,/ río de Porta pequeno;/ lévalle moitas mamorias/ ás pendangas de Aceredo Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 139. O río de Porta é un regato que desauga no río de Pacín, en Entrimo; Aceredo é un lugar da parroquia de San Salvador de Manín, no concello de Lobios.. Río arriba, río abaixo,/ río de Porta pequeno;/ lévalle moitas mamorias/ ás mociñas de Aceredo Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 139).. Santa María a Real/ orgullo de Entrimo todo,/ cantos te ven visitare/ de placer vólvense tolos Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141.. Santa María de Entrimo,/ Santa Marta de Lubeira,/ a muller que come a nata/ non pode te-la manteiga Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. No orixinal: tela.. Santa María de Entrimo/ tan alta se foi a pór/ para toca-las campanas/ o domingo do Señor Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. No orixinal: tocalas. Xaquín Lorenzo fai notar que a igrexa de Santa María de Entrimo está no val, polo que supón que se trata dunha cantiga importada doutro sitio.. Santa Marta de Lubeira,/ Santa María de Entrimo,/ a muller que come a nata/ten a marca no fuciño . Se vas a San Benitiño/ non vaias a Lantemil,/ que hai outro máis milagreiro,/ á subida do Pacín Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 148. Lantemil é un lugar da parroquia de San Lorenzo da Illa no concello de Entrimo. O río Pacín fórmase ó unirse os ríos Illa e Montaña, e desauga no Limia. A ermida de San Bieito está no monte do Grou, no Leboreiro. Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios.. Señora e reina de Entrimo/ é Santa María a Real,/ que lle gaña en femosura/ á máis boa catedral Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 145.. Teño unha flor de silveira/ que me deu o meu amor/ cando viñamos da festa,/ da festa da Conceición Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 152. Festa de Santa María a Real de Entrimo, o 15 de agosto.. Un veciño do lugar/ ten unha vaca marela/ que mercou na Feira Nova/ por seis pesetas e media Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 160. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova..
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Entrimo Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Entrimo vexa: Lugares de Entrimo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Entrimo
Categoría:Entrimo Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía