A Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (en francés: Conférence générale des poids et mesures (CGPM)) é o órgano de decisión da Oficina Internacional de Pesos e Medidas. Conférence générale des poids et mesures (CGPM).
Ten ao seu cargo tomar decisións en materia de metroloxía e, en particular, no que concirne ao Sistema Internacional de Unidades.
Foi creada pola Convención do Metro, en 1875.
Está integrada polos delegados dos Estados membros da Convención do Metro e os Estados asociados, e reúnese unha vez cada 4 anos. A primeira conferencia tivo lugar en 1889, e as catro últimas en 2007 (23.ª), 2011 (24.ª), 2014 (25.ª) e 2018 (26.ª).
As reunións lévanse a cabo nas instalacións da Oficina Internacional de Pesos e Medidas situadas na cidade de Sèvres, un suburbio de París.
Para realizar a conferencia, os delegados baséanse nos informes do Comité Internacional de Pesos e Medidas.
En 1960, na undécima CGPM, o sistema de medidas, primeiro coñecido como Sistema métrico decimal e máis tarde, pola súa ampliación, coñecido como sistema MKS, foi chamado oficialmente Sistema Internacional de Unidades.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Convención do Metro Comité Internacional de Pesos e Medidas Oficina Internacional de Pesos e Medidas Sistema Internacional de Unidades
Ligazóns externas Presentación da CGPM Resolucións da CGPM, desde 1889 até a actualidade
Categoría:Sistemas de unidades Categoría:Organizacións internacionais Categoría:Organizacións internacionais baseadas en Francia