Longa Marcha 5 (Chang Zheng 5 en pinyin, abreviadamente CZ-5) é o nome dun modelo da familia de foguetes Longa Marcha. Tódolos CZ-5 lánzanse desde o centro de lanzamento de Wenchang.
Características O Longa Marcha 5 é un lanzador orbital chinés dunha, dúas ou tres etapas e asistido por foguetes aceleradores deseñado para poñer cargas de ata 25.000 kg en órbita baixa terrestre ou de 13.000 kg en órbita de transferencia xeoestacionaria. Usa unha etapa central de 5 m de diámetro con catro aceleradores de 3,35 m de diámetro ao seu arredor. Segundo a versión pode ter ningunha, unha ou dúas etapas superiores. A súa función principal é poñer en órbita xeoestacionaria grandes satélites ou módulos para a estación espacial chinesa na órbita baixa.
Variantes CZ-5 A versión orixinal ten unha segunda etapa H-5-2 con dous motores YF-75D e pode poñer ata 15.000 kg nunha órbita heliosincrónica e 13.000 kg en órbita de transferencia xeoestacionaria.
CZ-5/YZ-2 Usa unha terceira etapa YZ-2 cun motor YF-50D. Utilizado para poñer satélites de ata 4500 en órbita xeoestacionaria.
CZ-5B A versión CZ-5B usa unha única etapa central. Pode poñer ata 25.000 kg en órbita baixa.
Historial de lanzamentos
VooDataVersiónCargaResultadoNotas13 de novembro de 2016CZ-5/YZ-2SJ 17ÉxitoPrimeiro voo dun CZ-5.22 de xullo de 2017CZ-5SJ 18Éxito327 de decembro de 2019CZ-5SJ 20Éxito45 de maio de 2020CZ-5BXZF-SC / RCS-FC-SCÉxito523 de xullo de 2020CZ-5Tianwen 1Éxito623 de novembro de 2020CZ-5Chang'e 5Éxito729 de abril de 2021CZ-5BTianheÉxito824 de xullo de 2022CZ-5BWentianÉxito931 de outubro de 2022CZ-5BMengtianÉxito1015 de decembro de 2023CZ-5Yaogan 41Éxito1123 de decembro de 2023CZ-5TJS 11Éxito123 de maio de 2024CZ-5Chang'e 6 / ICUBE QÉxito1316 de decembro de 2024CZ-5B/YZ2HWD L01-01 a L01-10Éxito1428 de abril de 2025CZ-5B/YZ2HWD L03-01 a L03-10Éxito1513 de agosto de 2025CZ-5B/YZ2HWD L08-01 a L08-10Éxito1620 de decembro de 2025CZ-5TJS 23Éxito1711 de xuño de 2025CZ-5TJS 25Éxito
Notas
Véxase tamén
Categoría:Longa Marcha (foguete)