Un poeta de guerra ou poeta bélico é, en sentido estrito ou reducido, un poeta que participa nunha guerra e escribe sobre a súa experiencia ou sobre a experiencia colectiva do conflito. Nunha acepción máis ampla, a denominación abrangue tamén autores non combatentes (coñecidos, de atribución incerta ou anónimos) cuxas composicións teñen a guerra como tema, contexto ou finalidade relevante."war poet noun" The Oxford Dictionary of English (edición revisada). Ed. Catherine Soanes & Angus Stevenson. Oxford University Press, 2005
A expresión inglesa war poet, documentada polo Oxford English Dictionary polo menos desde 1811, é máis dun século anterior ao inicio da Primeira guerra mundial pero o uso dese termo en lingua inglesa ficou especialmente asociado aos poetas que serviron naquel conflito ou escribiron sobre a súa experiencia naquela guerra.
Por extensión, a expresión "poesía de guerra" designa o conxunto destas obras, sen implicar unha posición política ou moral determinada. De facto, nun sentido amplo, a poesía de guerra comprende desde as antigas epopeas de temática bélica, como a Ilíada atribuída a Homero, até a poesía sobre a guerra de Crimea, a guerra civil española ou outros conflitos.
Os xeitos de abordar o tema tamén son múltiples, e comprenden formas e intencións moi diversas, desde a exaltación heroica á tristeza, os cantos de vitoria, a propaganda e a mobilización, o horror ou a miseria, as sátiras, incitacións á vinganza, mais tamén a elexía, o testemuño ou a memoria dos caídos. Pode louvar o combate, atacar o inimigo, cuestionar o propio bando ou denunciar a guerra desde posicións pacifistas.
Un mesmo autor pode mudar a súa perspectiva e enfoque ao longo do conflito. Por exemplo, Siegfried Sassoon, que se alistou en 1914, pasou dunha visión inicialmente patriótica e idealizada a plasmar a desolación da fronte e a denunciar a continuación da guerra cun ton cada vez máis crítico e antibelicista.
O seguinte percorrido cronolóxico reúne diversas epopeas, cantares de xesta, poemas e poetas de guerra de diferentes idades e épocas, linguas e tradicións, tanto de autoría coñecida como incerta ou anónima.
Antigüidade Nas literaturas antigas, a guerra aparece principalmente en himnos, epopeas e textos relixiosos ou conmemorativos, nos que se mesturan historia, mito e memoria colectiva. A maioría das veces, o poeta fica no anonimato ou atribúeselle algunha obra sen a completa certeza da súa autoría.miniatura|Anverso. Tableta de arxila. Historia de Gilgamesh e Aga. Período Babilónico Antigo, 2003-1595 a.C. Do sur de Iraq. Museo Sulaymaniyah, Kurdistán iraquí.
Literatura sumeria
Himnos de Enheduanna Enheduanna, (en sumerio 𒂗𒃶𒌌𒀭𒈾)Reallexikon der Assyriologie,v.2, B-E, 1938, p. 373 é a poeta máis antiga da que se coñece o seu nome (incluíndo homes e mulleres) e viviu no século XXIII a. C. "ca. 2285-2250 B.C.E.". Era unha sacerdotisa das deusas Inanna e Nanna.Gods, Demons, and Symbols of Ancient Mesopotamia: An Illustrated Dictionary por Jeremy Black e Anthony Green (1992, ), páx. 134 (entrada "Nanna-Suen").
Entre as contribucións de Enheduanna á literatura sumeria está unha colección de himnos coñecidos como Himnos do templo sumerio, e neles incluíu varios versos bélicosHallo e Van Dijk 1968 páx. 3. que serían á súa vez interpretados como unha das primeiras expresións conservadas de versos de condena contra a guerra.Es sangue correndo por unha montaña Espírito de odio, cobiza e xenreira,
gobernante do ceo e da terra!
A epopea de Gilgamesh A Epopea de Gilgamesh é un poema épico acadio sobre as peripecias do rei Gilgamesh (tamén transcrito como Gilgameš). Está baseada en cinco poemas independentes sumerios, que constitúen a obra épica escrita máis antiga da historia. Ao comezo do poema, os deuses crean a Enkidu, un salvaxe destinado a enfrontarse ao despótico rei de Uruk, pero cando ambos entran en combate, no canto de darse morte fanse amigos. Xuntos matan o xigante Humbaba e Gilgamesh rexeita o amor da deusa Inanna.
O tema principal do poema xira en torno ás relacións seres divinos - seres humanos e os conceptos da mortalidade e a inmortalidade. miniatura|Pergamiño dos Salmos.
O Vello Testamento No Antigo Testamento (AT) na Biblia hai moitas referencias a conflitos armados, batallas etc. e algúns dos textos foron escritos orixinalmente en verso. Hai referencias bélicas en libros do AT, desde o Xénese e o Éxodo aos libros do Pentateuco, como o Levítico ou o Deuteronomio.
Profesores como Ernst H. Wendland da Universidade de Wisconsin ou Lynell M. Zogbo de UCLA sinalaron as dificultades para traducir libros do AT como o Éxodo en poesía.
Moitos Salmos son de temática bélica, atribuídos ao rei David, que reinou entre c. –1010 e o –970.Carr, David M. & Conway, Colleen M., An Introduction to the Bible: Sacred Texts and Imperial Contexts, John Wiley & Sons (2010), p. 58 Tanto os seus versos como a súa historia, contada no Libro I de Samuel, inspiraron outras obras literarias como a Davidiad do renacemento, alén de múltiples estatuas, teatro, filmes etc. Moitos outros episodios do AT foron con posterioridade versionados, parafraseados e serviron de inspiración para obras posteriores, en prosa ou en verso. miniatura|Rei David nas escaleiras da fachada do Obradoiro (Catedral de Santiago de Compostela). Procede da fachada románica do mestre Mateu (s. XIII).
A Guerra de Troia
A Ilíada A Ilíada e a Odisea son epopeas atribuídas a Homero, datadas en torno ao século VIII a. C.Vidal-Naquet, Pierre. Le monde d'Homère (The World of Homer), Perrin (2000), p. 19
A Ilíada está ambientada durante o asedio de dez anos da polis de Troia, gobernada polo rei Príamo e os seus fillos Heitor e Paris, por un exército masivo dunha coalición de estados gregos dirixida por Agamenón de Micenas. Aínda que abrangue só unhas semanas no último ano da guerra, a Ilíada alude a moitas lendas gregas sobre o cerco, o recrutamento de guerreiros, a causa da guerra etc. Ademais, os deuses gregos non só asistían á guerra senón que interviñan nela (véxase Deus ex máchina).
Após Homero, obras de Quintus de Esmirna, Virxilio ou Lesques trataron o mesmo tema. miniatura|Osmar Schindler - David und Goliath. 1888. miniatura|Detalle dunha ánfora ática de figuras negras, con escena da Ilíada cara 540-520 a. C., atribuída ao pintor Hattat.
Literatura da República e o Imperio Romano A literatura latina na República e o Imperio comprende os períodos arcaico, clásico e posclásico até case chegar á Alta Idade Media. Parte da temática dos autores romanos era bélica, por referencias ou determinada por experiencias da súa época. Plauto era un comediógrafo que viviu nas guerras púnicas, autor de obras de temática bélica coma O Anfitrión. Os seus textos foron divulgados despois en verso, incluíndo ás veces resumos con acrósticos. Polo seu enfoque da historia como mito, influíu en autores como Ramón Cabanillas en O Mariscal, ou Álvaro Cunqueiro, tradutor dalgunhas das súas obras ao galego.
Horacio tamén viviu entre guerras, civís e estranxeiras, e aínda que os seus poemas foron maiormente satíricos ou amorosos, fai mencións a fazañas bélicas nas súas Odas.
Ovidio ofrece unha épica diferente á dos seus predecesores, unha historia cronolóxica do cosmos desde a creación até os seus días, e incorpora mitos e lendas sobre transformacións sobrenaturais propias das tradicións grega e romana; na Tristia fai mención á Batalla de Teutoburgo, tamén mencionada na Astronomica de Manilius, e por Séneca. No s. XVII o poeta F. G. Klopstock escribiu Hermanns Schlacht e Hermann und die Fürsten sobre Arminio. Tácito, quen é a fonte máis exacta acerca de Arminio, presentouno como un nobre bárbaro.
O s. XIX foi testemuña da resurrección de antigos pobos e líderes guerreiros usados como símbolos nacionalistas: os franceses recorreron a Vercinxetórix, os belgas a Ambiórix, os holandeses a Xulio Civil, os británicos a Boadicea, os portugueses ao lusitano Viriato, os galegos ao Monte Medulio, os casteláns á resistencia de Numancia... A diferenza é que todos eles foron derrotados polos romanos, porén Arminio venceunos. A pesar de que Xermania era unha rexión ampla e non unha unidade étnica ou política, durante o nazismo foi glorificado como heroe alemán; despois da derrota na Segunda guerra mundial, estivo moito menos presente na literatura.
O arxentino Jorge Luis Borges menciona a batalla no relato "Deutsches Requiem" en El Aleph (1949).
Idade Media Na Idade Media, a materia bélica transmitiuse mediante epopeas, cantares de xesta, crónicas en verso, elexías e tradicións orais ligadas á memoria de pobos, dinastías e guerreiros. En ocasións, esas tradicións percorren diversas épocas con características comúns ou formas poéticas similares, non como características estancas.
Persia pre-islámica
Ayadgar-i Zariran miniatura|Batalla entre Nowzar e Afrasiab do Shahnameh de Shah Tahmasp, Folio 10. Ayadgar-i Zariran é un poema preservado por sacerdotes zoroastrianos. Con 346 versos, un conto da morte en batalla do heroe Zarer (< Avéstico Zairivairi) e a posterior vinganza. Aínda que é parte da tradición étnica iraniana, as obras dos xograres estendéronse polo Irán islámico e foron tan coñecidas polos persas musulmáns como o foran cos seus antepasados. O perdido Libro dos Reis, do século V, e quizais unha viva tradición oral do nordeste de Irán, serviron de base para un poema do s. X, a versión do Memorial de Zarer de Daqiqi, incorporado por Ferdowsi no Shahnameh. En 2009, estas adaptacións convertéronse na base da obra teatral Yādegār-e Zarirān. Shahnameh O Shahnameh de Ferdowsi do século XI reconta o pasado mítico, e en certa medida histórico, do Imperio Aqueménida desde a creación do mundo á conquista musulmá do s. VII. É unha das maiores epopeas creadas por un único poeta, e a épica nacional do Grande Irán.
Segundo o profesor Dick Davis, o lamento sobre a conquista musulmá pola corte poética de Iazdeguerd III segue a ser icónico da cultura iraniana e aínda se cita como unha crítica aos líderes políticos cando se considera que gobernan mal.
miniatura|Cao Cao recita no estilo de canción curta mentres se enfronta á lúa nacente no monte Nanping. Da serie de xilografía ukiyo-e de Os cen aspectos da lúa de Yoshitoshi.
A China antiga e medieval A poesía chinesa ten diversas formas e temáticas, e en ocasións poemas de guerra. Os yue fu (樂府) son poemas cantados da literatura chinesa, desenvolvidos no período Han desde o século II a. C. até a Idade Media.
Unha das pezas célebres de Cao Cao, escrita no antigo estilo de liña de catro caracteres, é "Aínda que a tartaruga vive moito" (龜雖壽). É unha parte dun poema de catro partes titulado Pasos pola Porta Ilustre (步出夏門行). Foi escrito durante a Batalla da Montaña do Lobo Branco no ano 207.
Di:
Aínda que a tartaruga bendicida con poderes máxicos vive longamente, os seus días teñen o seu período de tempo / Aínda que as serpes aladas andan sobre a néboa, vólvense po e cinzas ao final / Un vello cabalo de guerra pode estar estabulado e aínda ten gañas de galopar mil li / E un home de corazón nobre aínda que avanzado en anos nunca abandona as súas orgullosas aspiracións / A duración da vida do home, sexa longa ou curta non depende só do Ceo / O que come ben e se mantén alegre pode vivir unha gran vellez / E así, con alegría no corazón eu tarareo esta canción.
A maior colección de yue fu é a Yue fu shiji ('Colección de cancións musicais'), composta no s. XII por Guo Maoqian. A temática era moi diversa, e algúns dos poemas eran bélicos. Durante a dinastía Song foi composto o poema Man Jiang Hong (滿江紅), un conxunto de versos escritos nun dos momentos máis duros das guerras Jin-Song, con liñas bélicas tan crúas como "Alí celebraremos con carne de bárbaro e beberemos o sangue dos Xiongnu".
Guerras entre galeses e saxóns miniatura|A espada Excalibur na pedra, ilustración de Howard Pyle (1903).
Rei Artur