O Premio Modesto R. Figueiredo foi un certame de narración breve convocado pola Fundación do Padroado Pedrón de Ouro desde 1975 para textos en lingua galega. En 2021, ano da súa última convocatoria, tivo unha dotación de 1000 euros. No ano 2020, tamén se uniu o concello de Silleda á organización.

Historia

Outorgouse pola vez primeira en 1975 co nome de Concurso de Narracións Curtas Pedrón de Ouro pero a morte do seu patrocinador, Modesto Rodríguez Figueiredo vicepresidente do Pedrón de Ouro motivou que o premio adoptase o seu nome desde a terceira edición en 1977.

Premiou destacados escritores como Xoán Ignacio Taibo, Xavier Alcalá, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xavier Rodríguez Barrio, Xosé Manuel Martínez Oca e Carlos Durán, e deu a coñecer a autores que contribuíron á renovación da literatura galega como Suso de Toro, Tucho Calvo, Carlos G. Reigosa, Antón Cortizas ou Ramiro Fonte.

Gañadores Ano Gañador/a Accésits / 2º e 3º premio 1975 Xoán Ignacio Taibo, A enquisa Xosé Luís Méndez Ferrín: SibilaXosé Manuel Martínez Oca: Un home no curralCarlos Durán: O internado 1976 Xavier Alcalá: A fundición Xosé Manuel Martínez Oca: No fondo do espelloXavier Rodríguez Barrio: Cheraron as chuviasXoán Ignacio Taibo: O leito (esbozo para unha historia que nunca existiu) 1977 João Guisan Seixas: Número de patente Anxo Rei Ballesteros: Querido BraisXosé Manuel Martínez Oca: A figueira 1978 Xosé Manuel Martínez Oca: A negra (ex-aequo)Víctor Fernández Freixanes: A caza das cascudas (ex-aequo) Xaime Félix López Arias: As augas toldasManuel Riveiro Loureiro: Terra sequeira 1979 Xoán Ignacio Taibo: Pacífico sul Xoán Ignacio Taibo: Saga dos mil e un mortosXosé Ramón Díaz Sánchez: A confesión de Ramón Fandiño (historias do Teixo, bandido galego)Román Raña: Botella náufraga 1980 Lourenzo Álvarez Ruíz: RATP C. García Gonçalez-Duro: Perdidos nos confíns da noiteTucho Calvo: Parados 1981 Tucho Calvo: A gran novela (ex-aequo)Xosé Manuel Martínez Oca: Noite de luar (ex-aequo) Lourenzo Álvarez Ruíz: O home pequeno (accésit)Carlos G. Reigosa: O tesouro de Petro Xesto (accésit)Miguel Suárez Abel: O fillo de Serafín (accésit) Miguel Anxo Fernán-Vello: Antimemoria dun día (finalista)Bernardo Maiz: ¿Pra que dilatar a súa anguria? (finalista)Manuel Riveiro Loureiro: O pau (finalista) 1982 Miguel Suárez Abel: O quiquiriquí Xelís de Toro: De 10 a 11Darío Xohán Cabana: A invasión Margarita Ledo Andión: Rematado a man 1983 Antón Castro: Vida infame de Tristán Fortesende Manuel Riveiro Loureiro: As trazas do demoXoán Bernárdez Vilar: Homo sapiens 1984 Amancio Liñares Giraut: Nun cuarto para agardar (ex-aequo)Román Raña: O último hexagrama (ex-aequo) Carlos G. Reigosa: Cantar sen xesta de Lanzarote do lagoAntón Castro: Destino de lumiaManuel Riveiro Loureiro: Grabación da volta a Galiza, dende o Pazo de Raxoi 1985 Miro Villar: Augas de silencio Anxos Sumai: Relembranzas con Palmira e Banana SplitManuel Riveiro Loureiro: MeiramaXosé Manuel Fernández Castro: Segrel Charles, o asombrador 1986 Antón Rodríguez Castro: O xardín despois da chuvia Miguel Suárez Abel: A alemanaManuel Iglesias Nimo: O enterro de MambrúRamiro Fonte: O retornado 1987 Miro Villar: Verbas cruzadas con Amaranta Manuel Riveiro Loureiro: O trocoMiguel Sande: Isadora en ti 1988 Bieito Iglesias: Luanda (ex-aequo)Xosé Miranda: Na terra sombría (ex-aequo) Isidro Novo: O areal dos ollomaosVíctor Campio Pereira: ¡Alucinado! 1989 Manuel Riveiro Loureiro: Vindo de volta (ex-aequo)Xan Frenla: Conto do diluvio (ex-aequo) Xosé Miranda: LambirónAntón Cortizas: A velidaXosé Paulo Antelo Rodríguez: A longa ausencia da sirea 1990 Xoán Piñeiro Cochón: A liga dos Lambetas Manuel Lourenzo González: O xardín onde repousa o ventoXosé Cermeño: Non te chamarei RamónRamón Nicolás: O caravel murchoXoán Ignacio Taibo: Libélulo cabálulo do demoLuísa Villalta: A taberna do holandés 1991 Helena Villar Janeiro: O cadro Antón Riveiro Coello: A musa itineranteIsidro Novo: Ó sur do arrabaldoLino Braxe: AnatomíasManuel Iglesias Nimo: O mar despóis da neve 1992 Isidro Novo: A pin up de Beautiful Street Isidro Novo: Primeira planaFrancisco Antonio Vidal Blanco: A espiral da fortunaCamilo Pardo López: Rosas polas veasManuel Iglesias Nimo: Clave de sombra 1993 Xosé Luís Santos Cabanas: Ahoulouuuu..! Manuel Iglesias Nimo: Esquecer BohemiaXosé Manuel Carballo Ferreiro: Vida e historia de Celestino Rocamonde O bruxo de Lavañou 1994 Manuel Riveiro Loureiro: O coxo da Gamboa Xoán Ignacio Taibo: Don Ninguén (2º premio)Xesús Manuel Marcos López: Aliados solitarios (3º premio) 1995 Antón Riveiro Coello: Bruca Manigua Antón Riveiro Coello: A morte esquecida (2º premio)Inma López Silva: Fondo gris sobre galo negro (3º premio ex-aequo)Francisco Antonio Vidal Blanco: As voces da conciencia (3º premio ex-aequo) 1996 Xosé Antón Moreno: As xeiras de don Xoán Xosé Antón Moreno: Como un deus bo (2º premio)Manuel Blanco Rivas: A lealdade do Capitán Milos (3º premio)Xosé Antón Moreno: Poñendo ladrillos (accésit) 1997 Antón Riveiro Coello: Sete traxes Alfonso Álvarez Cáccamo: A meritoria cortesía de Edón de Cidalia (2º premio)Xosé Vázquez Pintor: A entrega (3º premio) 1998 Rosa Aneiros: A eidosa que izaron as bandeiras (ex-aequo)Luís González Tosar: Catro dedos por debaixo do embigo (ex-aequo) Inma López Silva: Cartas que viñan de alén mar (2º premio)Xaime López-Arias, O cuco rei (3º premio) 1999 Xosé Luís Álvarez Pérez: Marisol de outono Antón Lopo, DelirioManuel Pereira Valcárcel: Sobremesa 2000 Beatriz Dacosta: Na sombra da lúa Andrés Pociña: Lembranzas dun tempoEmma Pedreira: A casa tomada 2001 Álvaro Lago: O crime de Pombal Andrés Pociña: Medea en CamariñasXosé Monteagudo: O engado do triánguloXosé Díaz Díaz: O Galbao 2002 Emma Pedreira: Os doces devorados Xosé Luís Vázquez Somoza: O río do esquecementoXosé Díaz Díaz: LupanarXaime Domínguez Toxo: Están ardendo as serras orientais 2003 Xosé Luís Álvarez Pérez: De noite non reces aos ídolos Xavier López Rodríguez: FiordesAndrés Pociña: O colar indio 2004 Agustín Agra: Os límites do inimaxinable Xosé Luís Vázquez Somoza: A Ponte Cabalar 2005 Francisco Castro: Ningún fascista morreu inxustamente Agustín Agra: Na CaeiraFrancisco López-Barxas 2006 María Esther Fernández Carrodeguas: Subir o telón Begoña Paz Rey: O monstro no labirintoCésar Carracedo Pose: A cota láctea 2007 Rubén Ceide Martínez: A caixa da costureira Alberto G. Aneiros: Esperado regreso (2º premio)Manuel Quintáns López: Desartellados (2º premio) 2008 Iván García Campos: Unha casa chea de xanelas Alberto G. Aneiros: Un pintor malogrado (2º premio)Chelo Suárez Muíños: Colleita de sombras (2º premio) 2009 Xoán Tallón: Era el Manuel Quintáns López: A movida (2º premio)Fernando Lavandeira: Gaspar Gaspar (2º premio) 2010 Xosé Alfredo Naz Fernández: O Mal Xosé Alfredo Naz Fernández: A sombra da curuxa (1º accésit)Clara Isabel Rodríguez: Retallos da memoria perdida (2º accésit) 2011 Amancio Liñares Giraut: Coreografía Obama Ledicia Costas: Frío azul (2º premio)Xaime Toxo: Eco da afasia (2º premio) 2012 Miguel Anxo Martínez Oubiña: As casas baratas María Alonso Alonso: María a LobiqueiraAlberto G. Aneiros: Contos dun representante artístico 2013 Cris Pavón: Cara a Tiananmen Square Clara do Roxo: Art DecóRubén Anido Regueiro: O cabaleiro, a dama e o dragón 2014 Eli Ríos: Remexido de patacas Antonio Piñeiro: Boxcar bluesCésar Carracedo: Gran Sol 2015 Adolfo Caamaño Vázquez: Pinball do Pombal Diego Giráldez: Sagradas EscriturasLionel Rexes: Monsieur Bocskai 2016 Miguel Anxo Martínez Oubiña: A vinganza de Valdedeus Iris María Gey López: Cranios privilexiadosEmma Pedreira: Poder de alumear 2017 Ariadna Fernández González: Secuestro Lionel Rexes Martínez: O tempo dos pexegosXerardo Vidal: Vilaquinte 2018 José Carou: Afán e infortunio dos días estragados Miguel Anxo Martínez Oubiña: SerpesBibiana García Soto: A liberación tras a escuridade 2019 Estíbaliz Espinosa: 23 xeitos de inventar unha constelación Yolanda Ceide Calviño: Trinta minutos antesVirxilio Rodríguez Vázquez: A primeira vista 2020 Adolfo Caamaño: Derradeiras paisaxes do Conde Esteban Brea Castro: Progresión en escala menorAntonio Piñeiro: Áncora 2021 Nones Araújo: Paseniño... a desmemoria Mariña Pérez Rei: A pérfida gringaXosé Lois Rúa Núñez: O fado das marafonas

Notas

Modesto R. Figueiredo