miniatura|250px|Colexiata de San Martín de Elines.
A Colexiata de San Martín de Elines é un templo relixioso que se localiza do casarío de San Martín de Elines, no concello de Valderredible (Cantabria). O goberno cántabro lístao como Ben de Interese Cultural de Cantabria e está considerado monumento histórico-artístico dende xuño de 1931.
Historia Construíuse sobre un mosteiro da época visigoda do cal quedan algúns restos no muro norte do claustro. A construción da colexiata está en torno ao 1060 no reinado de Fernando I, de estilo románico a igrexa ten 30 metros de lonxitude, excluído o claustro, é esvelta, con ábsida semicircular, con restos de pinturas románicas, con dúas arcadas superpostas e unha cúpula central con tellado a catro augas sostida por catro columnas anexas ao muro de cruceiro. Ten unha soa nave, rectangular e sen bóveda, á que está anexa unha torre cilíndrica que lle serve de campanario. A porta orixinal, que estaba no lateral sur, foi tapiada na Idade Media polo que hai que acceder desde o claustro, de planta irregular e con xardín central.
Os motivos das pinturas románicas eran Cristo partindo o pan e a representación dun apóstolo. Unha característica notable da colexiata é que ten arredor dun cento de canzorros de temática fundamentalmente relixiosa de notable factura aínda que en desigual estado de conservación. Notas
San Martin de Elines Categoría:Bens de Interese Cultural de Cantabria