O The Rugby Championship (en galego O Campionato de Rugby) é un torneo internacional de rugby que se disputa cada ano entre as catro seleccións que compoñen o SANZAAR, é dicir, Arxentina, Australia, Nova Zelandia e Suráfrica. Este torneo é continuador do Tri Nations que disputaron a seleccións de Nova Zelandia, Suráfrica e Australia entre 1996 e 2011. No ano 2012 incorporouse Arxentina. A edición 2020 recuperou a antiga denominación Tri Nations debido á renuncia obrigada dun dos catro equipos, Suráfrica, por mor da pandemia de COVID-19. A edición 2021 volveu a contar cos seus catro participantes.

O torneo lévase a cabo durante os meses do inverno austral, polo xeral entre xullo e setembro, malia que pode adiantarse ou atrasarse un mes cando no mesmo ano se disputan eventos cuadrienais da máxima categoría como Copas do Mundo ou Xiras dos Lions.

Trátase dun torneo de gran prestixio, con menos historia que o Torneo das Seis Nacións pero con seleccións que son consideradas as máis potentes do planeta. Das nove edicións da Copa do Mundo de Rugby disputadas entre 1987 e 2019 Nova Zelandia gañou tres, Suráfrica gañou outras tres e Australia gañou dúas.

Participantes

20px Arxentina Alcume: Pumas Cores : Camisola albiceleste, pantalóns brancos e medias celestes. Símbolo : o Xaguar Himno : Himno Nacional Argentino

20px Australia Alcume: Wallabies Cores : Camisola amarela e pantalóns e medias verdes. Símbolo : o ualabí Himno : Advance Australia Fair

20px Nova Zelandia Alcume: All Blacks Cores : Camisola, pantalóns e medias negras. Símbolo : o Fieito de Prata Himno : God Defend New Zealand

20px Suráfrica Alcume: Springboks Cores : Camisola verde, pantalón branco e medias verdes. Símbolo : o Antílope Himno : Nkosi Sikelel' iAfrika

Historia EdiciónCampiónPartidosxogadosPartidosgañadosPartidosempatadosPartidosperdidosPuntosa favorPuntosen contraDif. depuntosPuntosextraTáboa depuntos Tri Nations 1996 440011960(+) 59117 Tri Nations 1997 4400159109(+) 50218 Tri Nations 1998 44008054(+) 26117 Tri Nations 1999 430110361(+) 42012 Tri Nations 2000 430110486(+) 18214 Tri Nations 2001 42118175(+) 6111 Tri Nations 2002 43019765(+) 32315 Tri Nations 2003 440014265(+) 77218 Tri Nations 2004 420211098(+) 12311 Tri Nations 2005 430111186(+) 25315 Tri Nations 2006 6501179112(+) 67323 Tri Nations 2007 430110059(+) 41113 Tri Nations 2008 6402152106(+) 46319 Tri Nations 2009 6501158130(+) 28121 Tri Nations 2010 6600184111(+) 73327 Tri Nations 2011 43019279(+) 13113 The Rugby Championship 2012 660017766(+) 111226 The Rugby Championship 2013 6600202115(+) 87428 The Rugby Championship 2014 641116491(+) 73422 The Rugby Championship 2015 33008548(+) 37113 The Rugby Championship 2016 660026284(+) 178630 The Rugby Championship 2017 6600246119(+) 127428 The Rugby Championship 2018 6501225132(+) 93525 The Rugby Championship 2019 32109746(+) 51212 Tri Nations 2020 420211854(+) 64311 Estatísticas Anotadores

Máximos anotadores de puntos Pos. Xogador Equipo Puntos 1 Dan Carter

554 2 Morné Steyn

390 3 Nicolás Sánchez

341 4 Andrew Mehrtens

328 5 Beauden Barrett

292 6 Matt Burke

271 7 Matt Giteau

266 8 Bernard Foley

233 9 Percy Montgomery

210 10 Stirling Mortlock

198

Máximos anotadores de ensaios Pos. Xogador Equipo Ensaios 1 Bryan Habana

21 2 Ben Smith

18 3 Richie McCaw

17 4 Christian Cullen

16 5 Joe Rokocoko

15 6 Beauden Barrett

14 Israel Folau Rieko Ioane 9 Adam Ashley-Cooper

13 Doug Howlett Julian Savea

Datos actualizados o 16 de agosto de 2021 Véxase tamén Outros artigos Copa do Mundo de Rugby Torneo das Seis Nacións Super Rugby

Ligazóns externas Páxina oficial do SANZAR

Categoría:Campionatos internacionais de rugby