Celestino López López, nado en Portomarín o 8 de febreiro de 1890 e finado en Cidade de México o 16 de febreiro de 1963, foi un político galego.
Traxectoria Axente comercial en Vigo. Membro da directiva da Asociación Gallega de Comisionistas e Viaxantes en 1929,El Pueblo Gallego, 31-7-1929, p. 10. foi organizador en 1933 da Federación Nacional de Comisionistas, Viaxantes e representantes do comercio e a industria afecta á UGT.El Pueblo Gallego, 27-5-1933, p. 4. Membro do grupo republicano de Vigo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse e viviu durante máis dun ano protexido por amigos e familiares. Logrou embarcar furtivamente na Coruña rumbo a Cuba o 21 de setembro de 1937. De Cuba pasou a México e despois á República Dominicana onde foi secretario da Legación de España en Santo Domingo de Guzmán. Regresou a México arribando a Veracruz no México o 5 de abril de 1940. Traballou como distribuidor de películas mexicanas. Formou parte da Alianza Nazonal Galega. Publicou en 1943 Embrujo del Amazonas, un libro que relataba as súas experiencias e observacións nunha viaxe por barco a través do Amazonas, que tivo unha segunda edición en 1957 co título La vida en el Amazonas. Finou en Cidade de México en 1963. Obras
Embrujo del Amazonas. Relatos de la vida y costumbres del Río Amazonas relatados por un hombre que vivió siete años en la selva virgen, cruzando el río mar en todas direcciones, 1943.
Vida persoal Casou na Estrada con Concepción Pazo Álvarez en 1935.El Pueblo Gallego, 11-9-1935, p. 4.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Os nomes do exilio
Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Portomarín Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1963