O misterio de Glass Onion: Puñais polas costas (en ; tamén titulado simplemente Glass Onion) é un filme estadounidense de 2022 dirixido e escrito por Rian Johnson e producido por Johnson e Ram Bergman. É unha secuela do filme de 2019 Puñais polas costas, con Daniel Craig de novo no papel do detective Benoit Blanc, que toma o caso do millonario Miles Bron (interpretado por Edward Norton). O resto do elenco está composto por Janelle Monáe, Kathryn Hahn, Leslie Odom Jr., Jessica Henwick, Madelyn Cline, Kate Hudson e Dave Bautista.

Despois da estrea mundial no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 10 de setembro de 2022, Glass Onion estreouse nos cinemas dos Estados Unidos durante unha única semana a partir do 23 de novembro de 2022, recibindo a estrea cinematográfico máis ampla da historia para un filme de Netflix e recadando 15 millóns de dólares; Netflix comezou a emitila en liña o 23 de decembro, onde conta cunha versión subtitulada en galego.

Personaxes Daniel Craig como Benoit Blanc, un investigador privado. Edward Norton como Miles Bron, un multimillonario de Nova York e dono dunha grande empresa de tecnoloxía. Janelle Monáe como Helen e Andi Brand, irmás xemelgas, sendo a última o exsocia comercial de Miles. Kathryn Hahn como Claire Debella, a gobernadora de Connecticut, candidata ao Senado dos Estados Unidos de América. Leslie Odom Jr. como Lionel Toussaint, o científico xefe da empresa de Miles. Kate Hudson como Birdie Jay, unha exsupermodelo hedonista e politicamente incorrecta convertida en deseñadora de moda en Manhattan. Dave Bautista como Duke Cody, un streamer de videoxogos e activista polos dereitos dos homes en Twitch e YouTube. Jessica Henwick como Peg, a asistente de Birdie. Madelyn Cline como Whiskey, a moza de Duke e asistente da canle de Twitch. Noah Segan como Derol, un vago que vive na illa de Miles. Segan apareceu anteriormente en Puñais polas costas (2019) como Trooper Wagner. Jackie Hoffman como Ma, a nai de Duke. Dallas Roberts como Devon Debella, o marido de Claire.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Rian Johnson Categoría:Filmes sobre a pandemia de COVID-19 Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Grecia Categoría:Filmes rodados en Belgrado Categoría:Filmes ambientados en Grecia Categoría:Filmes ambientados en 2020 Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes sobre irmás xemelgas Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego