Elena Donaldson-Akhmilovskaia, nada como Elena Bronislavovna Akhmilovskaia () en Leningrado o 11 de marzo de 1957 e finada en Kirkland (Estados Unidos de América) o 18 de novembro de 2012, foi unha xadrecista estadounidense nada na Unión Soviética. En 1977 a FIDE outorgoulle o título de Gran Mestra Feminina. Ao gañar o Torneo Feminino de Candidatas en 1986, ese ano xogou contra Maia Chiburdanidze en Sofía polo título de Campioa Mundial Feminina, mais perdeu por 8½–5½. dereita|miniatura|Akhmilovskaia, Gaprindashvili, e Alexandria na 27º Olimpíada de Xadrez, celebrada en Dubai en 1986. Traxectoria Donaldson-Akhmilovskaia naceu en Leningrado nunha familia dedicada ao xadrez. En 1969 a familia mudouse a Krasnoiarsk, onde se iniciou no círculo de xadrez do Pazo de Pioneiros local. Viviu en Sochi e posteriormente en Tbilisi de 1979 até 1988. Ese ano fuxiu aos Estados Unidos tras casar con John Donaldson, o capitán do equipo estadounidense, nas Olimpíadas de xadrez de Tesalónica (Grecia), de quen se divorciou posteriormente. Dende 1990 viviu na área de Seattle co seu novo marido, Georgi Orlov, Mestre Internacional, o seu fillo e a súa filla, froito dun matrimonio anterior. Gañou o Campionato Feminino de Xadrez dos Estados Unidos en 1990 e 1994. En 1993 compartiu o premio con Irina Levitina. En 2010 recibiu o título de Instrutora FIDE.

O 18 de novembro de 2012 finou en Kirkland (Washington, Estados Unidos) por causa dun tumor cerebral que lle diagnosticaran nove meses antes.

Notas

Categoría:Estadounidenses de ascendencia rusa Categoría:Finados en 2012 Categoría:Nados en 1957 Categoría:Xadrecistas da Unión Soviética Categoría:Xadrecistas dos Estados Unidos de América