The Selecter é unha banda ska inglesa. Nace coma unha banda rocksteady/ska, cunha forte influencia do estilo xamaicano dos 60.
Traxectoria En 1977 a banda creou a súa primeira canción, composta polo guitarrista Neol Davis e o batería Rimshot Bradburry. Esta canción chamouse The Selecter. Nesa época comezaba a xurdir o movemento ska en Inglaterra, creándose bandas coma The Specials, que comezou un selo chamado 2-Tone. En 1979, cando The Specials necesitaba unha banda que lles fixera o lado B do seu primeiro sinxelo, chamado Gangsters, The Selecter aproveitou e participou coa súa única canción. No verán de 1979 constituíuse a banda, composta por:
Neol Davies: primeira guitarra Compton Amanor: segunda guitarra Desmond Brown: teclados Arthur "gaps" Hendrikson: vocalista Pauline Black: vocalista
A resposta do público foi moi masiva, polo que este ritmo comezou a facerse moito máis popular. The Selecter comezou ensaiando no Golden Cup e outras tabernas de Coventry. As cancións escritas foron arranxadas para obter un estilo ska. O seu primeiro concerto foi en Gloucester, e aínda que foi case un desastre, serviulles para facerse aínda máis populares. Pouco despois comezaron unha xira por toda Inglaterra. En 1979 gravaron o seu primeiro disco sós. Este tiña tres cancións, entre as cales sobresaía On my radio. Có tempo, este disco alcanzou lugares elevados nas clasificacións.
As temáticas das cancións expresaban unidade e harmonía, cousa que non abondaba dentro do grupo, a causa dunha mala racha provocada por unha forte crise dentro do selo 2-tone, que abandonaron a mediados dos 80. Na mesma época deixaron a banda o tecladista e o baixista, que foron substituídos por James Mackie e Adan Williams, respectivamente. Con esta nova formación, The Selecter gravou o seu segundo álbum, que se chamou Celebrate the bullet. Este álbum tivo moitos problemas, debido a que o sinxelo do mesmo nome foi prohibido en case tódalas radios, a causa do intento de asasinato de Ronald Reagan e do asasinato de John Lennon. Isto significou un quebro na banda, da que non se soubo nada ata dez anos despois, en 1990.
Discografía Too Much Pressure - 1980 Celebrate the Bullet - 1981 The Happy Album - 1994 Pucker! - 1995 Cruel Britannia - 1998 The Trojan Songbook - 1999 The Trojan Songbook — Vol 2 - 2000 The Trojan Songbook — Vol 3 - 2001 Real to Reel - 2003 Made in Britain - 2011 String Theory - 2013 Subculture - 2015
Categoría:Grupos musicais de ska Categoría:Grupos musicais do condado de Midlands Occidentais