Celso Bugallo Aguiar, nado en Lagarei (Vilalonga, Sanxenxo) o 12 de marzo de 1947 e finado en Pontevedra o 20 de decembro de 2025, foi un actor galego. Foi un dos actores secundarios máis coñecidos do audiovisual galego, tendo aparecido en varias series de televisión e en máis de 40 filmes, a pesar de non debutar no cine ata os 52 anos, despois de décadas no mundo do teatro. Traballou con directores como José Luis Cuerda, Alejandro Amenábar ou Fernando León de Aranoa, e foi galardoado cun Premio Goya á mellor interpretación masculina secundaria polo seu papel de irmán de Ramón Sampedro no aclamado filme de 2004 Mar adentro.

Traxectoria

Infancia e adolescencia Nacido na aldea de Lagarei, en Vilalonga, era fillo dun mecánico axustador que foi encarcerado polo franquismo. Ao saír da prisión e non atopar traballo en Galicia, emigrou a Bilbao. Un ano despois, cando Celso contaba uns 12 anos, instalouse co resto da familia na cidade vasca. Afeccionado ao fútbol, xogou na canteira do Indautxu e realizou diversos traballos como o de repartidor nun ultramarinos. Aos 16 anos viu a James Dean no filme Rebelde sen causa, o que prendeu nel o interese pola interpretación.

Comezos no teatro Viviu en Bilbao ata que lle tocou facer o servizo militar, época durante a cal a súa familia se mudou a Logroño, instalándose no barrio de Yagüe. Alí comezou a traballar na mesma central leiteira na que traballaba seu pai. Na cidade rioxana empezou a facer teatro na compañía de afeccionados Lope de Rueda, tendo o seu primeiro papel na obra La torre sul pollaio de Vittorio Calvino. Comezou a ler libros de teatro, entre eles os do ruso Constantin Stanislavski, e formou parte de Adefesio Teatro. Ademais fundou e dirixiu o grupo JUBY (Juventud Unida del Barrio de Yagüe), co que gañou en 1976 o Premio Nacional de Comedias de Teatro con El retablo del flautista, de Jordi Teixidor.

Despois de coñecer a unha muller de Portonovo, coa que acabou casando e tendo unha filla, regresou en 1978 a Galicia. Instalado en Pontevedra, fundou a Academia Logos e as compañías Olimpo e Zanahoria. Entre 1988 e 1992 levou a cabo diversas montaxes en terras galegas, promovendo a Aula de Formación de Actores de Pontevedra (AFAP). Dirixiu diversas obras teatrais como Preludio al teatro, El daño que hace el tabaco ou El despertar, entre outras. Nos seguintes anos viaxou por diferentes lugares e viviu en cidades de varios países como París, onde estudou na escola de Marcel Marceau, Londres, Nova York ou As Palmas de Gran Canaria.

Irrupción no cine e na televisión Con 52 anos, época na que vivía en Ámsterdam e traballaba nas rúas, recibiu unha chamada do afamado director José Luis Cuerda, que lle ofreceu un papel no seu seguinte traballo. Así realizou a súa primeira incursión no cine, cun pequeno papel no filme A lingua das bolboretas. Despois de interpretar a un mariñeiro en varios episodios da serie de éxito da Televisión de Galicia Mareas vivas, obtivo o papel de Servando na serie Terra de Miranda, ao que deu vida durante varios anos e co que se deu a coñecer ao público galego.

Durante os seguintes anos continuou aparecendo en series da TVG como Galicia Exprés e en filmes galegos como Lena ou Entre bateas. En 2002 traballou por primeira vez co director Fernando León de Aranoa, interpretando a Amador no filme ambientado en Galicia Os luns ó sol, co que gañou o Premio Mestre Mateo ao mellor actor secundario masculino , e ao ano seguinte tivo un pequeno papel en O lapis do carpinteiro, de Antón Reixa.

Con todo, o seu gran papel, co que conseguiu recoñecemento nacional e internacional, chegou en 2004 da man de Alejandro Amenábar, no filme Mar adentro, no que se puxo na pel do irmán de Ramón Sampedro. A obra gañou numerosos premios, entre eles o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, e Celso Bugallo foi galardoado co Premio Goya ó mellor actor secundario, sendo o segundo galego en logralo despois de Luís Tosar.

Tralo Goya incrementou o seu número de traballos, aparecendo en varias series galegas e de fóra de Galicia como A vida por diante, Los hombres de Paco e Fariña (na que interpretou ao pai do narcotraficante Sito Miñanco), e ducias de filmes. En 2010 tivo un dos papeis protagonistas no filme Amador, de Fernando León de Aranoa, director co que volveu traballar nunha terceira película en 2021, en El buen patrón, cun papel polo que volveu ser nomeado aos Premios Goya, xa con 74 anos.

Filmografía

Cine A lingua das bolboretas (1999), de José Luis Cuerda. Como Cura. Lena (2001), de Gonzalo Tapias. Como Matón. Entre bateas (2002) (TV), de Jorge Coira. Como Cura. El viaje de Carol (2002), de Imanol Uribe. Como José. Os luns ó sol (2002), de Fernando León de Aranoa. Como Amador. O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Como Pai de Herbal. Secuestrados en Xeorxia (2003) (TV), de Gustavo Balza. Como Secretario Ministerio AA.EE. A vida que che espera (2004), de Manuel Gutiérrez Aragón. Como Severo. Mar adentro (2004), de Alejandro Amenábar. Como José Sampedro. Febrer (2004), de Sílvia Quer. Como Vello do hotel. Para que non me esquezas (2005), de Patricia Ferrerira. Como Ancián. Pasos (2005), de Federico Luppi. Como Manolo. Omar Martínez (2006) (TV), de Pau Martínez. Como Adestrador. Salvador (Puig Antich) (2006), de Manuel Huerga. Como pai de Salvador. Chapapote... o no (2006) (TV), de Ferrán Llagostera. Como Alfonso. La noche de los girasoles (2006), de Jorge Sánchez-Cabezudo. Como Amadeo. 53 días de invierno (2006), de Judith Colell. Como vagabundo. Sultanes del Sur (2006), de Alejandro Lozano. Como O Tejano. Catalina (2006), de Mario Iglesias. Los Totenwackers (2007), de Ibón Cormenzana. Como Coxo. El búfalo de la noche (2007), de Jorge Hernández Aldana. Como Camariña. Pudor (2007), de David Ulloa e Tristán Ulloa. Como avó. Abrígate (2007), de Ramón Costafreda. Como Coco. Cenizas del cielo (2008), de José Antonio Quirós. Como Federico. Agallas (2009), de Samuel Martín Mateos e Andrés Luque Pérez. Como Raúl. La isla interior (2009), de Dunia Ayaso e Félix Sabroso. Como Juan. Amador (2010), de Fernando León de Aranoa. Como Amador. Crebinsky (2011), de Enrique Otero. Como Fareiro. O Apóstolo (2011), de Fernando Cortizo. Como Celso (voz). Años después (2011), de Laura Pino e Laura Gárdos Velo. Como Justino. A praia dos afogados (2015), de Gerardo Herrero. Como Padre Caldas. Palmeras en la nieve (2015), de Fernando González Molina. Como Kilian (de maior). Rendezvous (2016), de Guillermo Julián e Román Santiago Pidre. Como Albert. Os fillos do sol (2017), de Ramón Costafreda e Kiko Ruiz. Como Ramiro. Trote (2018), de Xacio Baño. Como Ramón. A illa das mentiras (2020), de Paula Cons. Como Paco, "o da Filosera" El arte de volver (2020), de Pedro Collantes. Como avó Marcos. El practicante (2020), de Carles Torras. Como Vicente. El buen patrón (2021), de Fernando León de Aranoa. Como Fortuna. El tirabeque (2022), Darío Autrán. Como Gabriel. A mazá dourada (2022), de Jaime Chávarri. Como Guillermo Dalmases. Loli Tormenta (2023), de Agustí Villaronga. Como Tomás. Estación Rocafort (2023), de Luis Prieto. Como Elías Soro.

Televisión

Personaxes fixos Mareas vivas (2000). TVG. Como Sixto. Terra de Miranda (2001). TVG. Como Servando. A vida por diante (2006). TVG. El incidente (2017). Antena 3. Como Ramón. Fariña (2018). Antena 3. Como pai de Sito. El caso Asunta (2018). Netflix. Como Eloy Malvar.

Personaxes episódicos Mareas vivas (1998). TVG. Rías Baixas (2000). TVG. Galicia Exprés (2001). TVG Periodistas (2002). Telecinco. Como cura. Fíos (2001). TVG. A vida por diante (2006). TVG. Los hombres de Paco (2010). Antena 3. Como Damián. Temporada baja (2016). Flooxer.

Curtametraxes

O derradeiro grolo (2003), de Olalla Piñeiro. Lentura (2003), de Manuel Iglesias Nanin. Como Avó/Antón. Na terceira hora (2004), de Xacobe Vidal. Morte dun estudante de cine (2009), de Óscar Galansky. Como Proxeccionista. El grifo (2010), de Denis Rovira van Boekholt. Como Avó. Me llamo Rama (2011), de Alber Ponte. La mujer del hatillo gris (2011), de Luis Trapiello. Como Pastor. Cualquier infinito posible (2012), de Roi Fernández. Como Anbal. Eladio y la puerta interdimensional (2014), de María Giráldez e Miguel Provencio. Como Eladio. La propina (2014), de Esteban Crespo. Curricán (2015), de Álvaro Gago. Como Andrés. Cartas a la Memoria (2015), de Iago Barrado. El Ogro (2016), de Jaime Dezcallar. Como Ogro Maior. Néboa (2017), de Claudia Costafreda. El bosque del Consuelo (2019), de Ethel Jagolkowski Kfir.

Teatro Mi alma en otra parte, de José Manuel Mora. (Centro Dramático Nacional, 2011)Mi alma en otra parte , web do Centro Dramático Nacional

Galardóns e nomeamentos

Premios Goya Ano Categoría Filme Resultado2004Mellor actor secundarioMar adentroGañador2021Mellor actor secundarioEl buen patrónNomeado Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2002Mellor actor secundarioOs luns ó solGañadorPremio Revelación Chano PiñeiroOs luns ó solGañador2004Mellor actorA vida que che esperaNomeado2009Mellor actor secundarioAgallasNomeado2018Mellor actor secundarioTroteNomeado

2005 Premio da Unión de Actores ó mellor actor secundario por Mar Adentro. Premio Pedigree de honra da Festival de Cans. Nomeado ó Premio da Asociación Cronistas de Espectáculos de Nova York (ACE) ó mellor actor secundario por Mar Adentro. Nomeado ó Premio del Círculo de Escritores Cinematográficos ó mellor actor secundario por Mar Adentro.

2007 Nomeado ó Premio del Círculo de Escritores Cinematográficos ó mellor actor secundario por La noche de los girasoles.

2009 Nomeado aos Premio Cidade de Pontevedra polo seu traballo en favor de Pontevedra.

2011 Premio do xurado á mellor interpretación masculina da Festival de Cans por El Grifo.

2020

Premio á Mellor actor da MADRIFF • Madrid Indie Film Festival por El Bosque del Consuelo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil de Bugallo no Soportal do Audiovisual Galego.

Categoría:Actores de Sanxenxo Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1947 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina secundaria Categoría:Premio Revelación Chano Piñeiro Categoría:Finados en 2025