María Xosé Rodríguez Bouzas, nada en Piñeiro (Mugardos) en 1962, é unha actriz galega.
Traxectoria Formouse como intérprete na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid entre os anos 1983 e 1987. Conta cunha extensa traxectoria profesional, acadando gran popularidade a raíz das súas personaxes nas series da TVG Pratos combinados e Terra de Miranda, na que tivo un papel protagonista.
Participou así mesmo en multitude de películas e curtametraxes, ademais de montaxes teatrais, algunhas delas coa Compañía de Marías, da que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega María Pujalte.
En 2003 conduciu a gala dos Premios Max de teatro, celebrada en Vigo xunto coas tamén actrices galegas María Pujalte e Berta Ojea e o actor Serxio Pazos.
Foi a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, organizadora dos premios Mestre Mateo, desde outubro de 2006 até maio de 2009, momento na que a sucedeu no cargo o actor Xosé Manuel Olveira "Pico".
Actuou como xurado, xunto a Quico Cadaval, Cristina Domínguez, Camilo Franco e Ana Romaní, na II edición do Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega.
Entre 2011 e 2020 interpretou durante 12 tempadas e máis de 2000 episodios a Francisca Montenegro na serie de Antena 3 El secreto de Puente Viejo.
Filmografía Urxa (Alfredo García Pinal e Carlos Piñeiro, 1989). Martes de carnaval (Fernando Bauluz e Pedro Carvajal, 1991). Un soño de verán (1992) As xoias da Señora Bianconero (Jorge Coira, 1994). A metade da vida (Raúl Veiga, 1994). Blanca Madison (Carlos Amil, 1998). Arde, amor (Raúl Veiga, 1999). Los años borrados (1999) Sei quen es (Patricia Ferreira Mañá, 2000). Condenado a vivir (Roberto Bodegas, 2001, TV). A Subela (Luis Avilés Baquero, 2002). O alquimista impaciente (Patricia Ferreira Mañá, 2002). O agasallo de Silvia (Dionisio Pérez, 2003). Sara (Sílvia Quer, 2003, TV). Heroína (Gerardo Herrero, 2005). Abrígate (Ramón Costafreda, 2006). Atlas de xeografía humana (Azucena Rodríguez, 2007). Unha muller invisible (Gerardo Herrero, 2007). Retornos (Luis Avilés Baquero, 2010). Reliquias (Toño López, 2011, TV). A síndrome Cacareco (A verdade na cara) (Breogán Riveiro, 2011, TV). Años después (Laura Pino e Laura Gardós Velo, 2012).
Curtametraxes Mofa e Befa en Gran liquidación (Jorge Coira, 1992). A Repesca (Sandra Sánchez, 1995). Sitcom show (Ángel de la Cruz, 1996). Una extraña mirada (José Manuel Quiroga, 1998). ¿A ti como se che di adeus? (Jorge Coira, 1999). Si lo sé no vengo (a mi propio entierro) (Manolo Gómez, 1999).
Teatro Cásting (a comedia), de Roger Justafré. Lagarta, lagarta, 2010 (como actriz).
Televisión Mar de dudas (TVE, 1995). Como Margarita Cansino. A familia Pita (TVG, 1996-1998). Como Lola. Pratos combinados (TVG, 1996-2001). Como Charo. Un mundo de historias (TVG, 2000). A miña sogra e máis eu (TVG, 2004). Episódico. Terra de Miranda (TVG, 2001-2005). Como Carmela. El secreto de Puente Viejo (Antena 3, 2011-2020). Como Francisca Montenegro.
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Produción Resultado2002Mellor actrizTerra de Miranda Gañadora2003Mellor actrizTerra de Miranda GañadoraMellor actriz secundariaO agasallo de Silvia e Blanca MadisonNomeada2004Mellor actriz secundariaTerra de MirandaNomeada2005Mellor actriz secundariaHeroína Gañadora2007Mellor actrizUnha muller invisible Gañadora2010Mellor actriz secundariaRetornos Gañadora2011Mellor actrizAs reliquias do SantoNomeada2017Premio de Honra Fernando Rey Gañadora
Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina protagonista (1993). Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina protagonista (1995). Premio AGAPI á Mellor interpretación feminina protagonista (1996). Premio AGAPI á Mellor interpretación feminina protagonista (1997). Premio María Casares de Teatro á Mellor actriz secundaria por Si o vello Sinbad volvese ás illas... (2000). Premio Imaxe e Comunicación (2002). Premio á Mellor actriz na XIII Mostra de Cine Latinoamericano de Lleida por Abrígate (2007). Premio de Honra Pedigree no Festival de Cans (2014) A Fundación AISGE premiouna pola súa traxectoria en 2019.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas María Bouzas en AVG de Culturagalega.org Asociación de Actores, Directores e Técnicos da Escena de Galicia
Categoría:Actores de Mugardos Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Premios María Casares Categoría:Premios da Cultura Galega Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria Categoría:Premio de Honra Fernando Rey