A Denominación de Orixe Rías Baixas é unha das cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Creouse en 1980, e foi recoñecida como Denominación de Orixe en 1988.
Descrición Divídese nas seguintes subzonas: Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ribeira do Ulla. A uva albariño é a súa produción monovarietal de máis éxito, aínda que se pode combinar coas uvas brancas loureira branca ou marqués, treixadura, caíño branco, torrontés e godello e as tintas caíño tinto, espadeiro, loureira tinta, sousón, mencía, pedral e brancellaoFolleto explicativo da D.O.RR.BB. , páxina 6 . A produción é de baixa graduación, de viño branco e sen crianza, e expórtase cada vez máis a mercados españois (especialmente Barcelona e Madrid) e exteriores (Alemaña, Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Suíza, Xapón e Suecia).
Os viñedos ocupan unha superficie de preto de 4.027 hectáreas, que pertencen a 179 adegas. Esta denominación é a maior produtora galega, xa que 55 das súas adegas producen máis de 25.000 litros e unhas vinte superan os 75.000. A produción total supera os 19 millóns de litros."Os viños da nosa terra", separata de Faro de Vigo, 12/7/2015.
Xeografía A Denominación de Orixe está dividida en 5 sub-zonas. Estas son, de norte a sur:
Ribeira do Ulla: a subzona máis recente, incorporada no 2000. Inclúe concellos tanto da provincia de Pontevedra como da provincia da Coruña. Val do Salnés: localizado na comarca homónima. As viñas son cultivadas no fondo dos vales e en pequenos outeiros, que non superan os 100 metros de altura.
Soutomaior: cobre o territorio do mesmo nome, é a única subzona da ría de Vigo.
O Rosal: cobre a maioría da comarca do Baixo Miño, así coma parte de Gondomar.
Condado do Tea: cobre parte da comarca do Condado, o sur da Paradanta e parte do concello de Tui.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pazo Baión Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Viños de Galicia Categoría:Denominacións de Orixe de Galicia Categoría:Viños con denominación de orixe