Carabus lineatus é unha especie de escaravellos da familia dos carábidos, que se encontra en España, Portugal e Francia.

Subespecies Esta especie ten catro subespecies: Carabus lineatus lateralis Chevrolat, 1840 Carabus lineatus lineatus Dejean, 1826 Carabus lineatus salmantitus Bolivar, 1922 Carabus lineatus troberti Kraatz, 1860

Descrición Adoita ter de 23 a 30 milímetros de longo cun ancho de 9 milímetros, pero tamén se encontran exemplares máis pequenos nalgúns lugares.C. Bolivar y Pieltein: IV. Notas sobre carábidos españoles (1) en Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural XXII. Banda, Madrid 1922 Kleine Martinezi Son alongados e lixeiramente arqueados. Como regra xeral, as costelas lonxitudinais dos élitros son negras, a cabeza, o pronoto e o resto dos élitros son de cor verde dourada moi variable, azulada ou cobre. Tamén se describiron formas negras.C. Puisségur: Quelques mélanisants nouveaux de Chrysocarabus Thomson (Coléopt. Carab). Vie et Milieu , Observatoire Océanologique - Laboratoire Arago, 1962, pp.803-806. hal-02928839 como PDF A cabeza está estirada cara a adiante. As mandíbulas superiores son longas e en forma de media lúa, máis curvadas no interior cara á punta, pero non dobradas. As antenas de once segmentos xiradas e moi por diante dos ollos. Pronoto alongado e cun suco lonxitudinal e coas esquinas traseiras longas e terminadas de forma redondeada ou lixeiramente bicudas. Nos élitros hai tres costelas. Ás de ancho reducido pero longas.J.M.Hernández: Las alas metatorácicas en los Carabini Ibéricos (Coleptera, Caraboidea) en ACTAS DO V CONGRESSO IRÉRICO DE ENTONOLOGIA PDF

As larvas teñen tres pares de patas fortes, moi móbiles, escuras e queratinizadas. No noveno segmento abdominal teñen uns apéndices dirixidos cara a arriba, os cercos. Os escudos dorsais cobren o ancho do corpo e as mandíbulas son longas. O clípeo non é dentado nin redondeado senón triangular.E. Arndt: Larval identification key of the Carabus species of Europe in Entomologische Nachrichten und Berichte 29, 1985/2 as PDF

Bioloxía Os adultos e larvas son depredadores. Camiñan polo chan e soben aos troncos das árboresAndré Laforgue: Contribution à la connaissance de l'éthologie des Carabus (Coléoptères Carabidae) : des carabes grimpeurs, un comportement peu connu Carnets natures, 2019, vol. 6 : 59-64 p. 60 Carabus lineatus salmatinus, buscando vermes, eirugas e outros insectos pola noite. Despezan a presa coas mandíbulas e mestúrana con zumes dixestivos regurxitados e a papa resultante trágana.

Hibernan como insectos completamente desenvolvidos e reprodúcense na primavera seguinte. Poden atoparse ata o outono. Son máis comúns en abril, e hai un segundo máximo a finais do verán. A oviposición ocorre de abril a maio, e as larvas aparecen dúas semanas despois.

Vive en carballeiras e soutos, bosques mixtos con bidueiros, faias, piñeiros, acivro, bosques aluviais e ás veces en bosques de eucaliptos. Pero tamén se pode atopar en prados, pastos, áreas ruderais, xardíns e hortas. Xeralmente vive por debaixo dos 300 m de altura, pero pode encontrarse desde en praias ata a 1500 m de altura.María del Camino Peláez, José Mª Salgado: Ecología y biología de algunas especies de Carabiae (Coleoptera) de Macizo de Sueve (Asturias, España): Estudios fenologico y de fluctuación anual Boletín Sociedad Entomológica Aragonesa, n1 40 (2007) : 333–350 PDF

Distribución Encóntrase en dúas zonas separadas no norte da Península Ibérica. O núcleo da súa área de distribución esténdese desde a cordilleira Cantábrica a través dos Pireneos ata o sur de Francia, e na cordilleira Ibérica tamén penetra un pouco máis ao sur. A segunda zona encóntrase ao sur do río Douro en Portugal.Oscar J. Arribas: Catálogo de los coleópteros caraboideos del Sistema Ibérico Septentrional (Sierras de la Demanda, Cameros, Neila, Urbiòn y Cebollera) Zubía Monografico 6, 11 – 70, Logroño 1994 PDF

Galería

Notas

Categoría:Adephaga Categoría:Animais descritos en 1812