María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao (Boimorto) o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock.
Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. Recibiu a Medalla Castelao en 2010Medallas Castelao para Luz Casal e César Antonio Molina . e a Medalla de Galicia en 2023.
Traxectoria Estudou piano e solfexo, ademais de recibir cursos de ballet. Fixo coros para diversos artistas, entre eles Juan Pardo, e entrou a formar parte de 'Los Fannys', un grupo de rock que interpretaba versións de temas coñecidos. Cando deixa o grupo, interésase pola ópera e comeza a estudar bel canto.
En 1982 ve a luz o seu primeiro álbum, co que comezou unha carreira de éxitos. Ten cantado maioritariamente en castelán, se ben ten feito incursións noutras linguas, entre elas o galego, co que interpretou o tema Negra sombra para un disco de Carlos Núñez. Entre as súas cancións máis coñecidas destacan temas como No me importa nada, Entre mis recuerdos, Negra Sombra ou Piensa en mí ou Un año de amor, entre outras.
Estivo retirada da música entre 1995 e 1999.
En xaneiro de 2007 diagnosticóuselle cancro de mama, do que foi operada en Madrid nese mesmo mes. En novembro de 2007, recuperada da doenza, presentou un novo traballo, titulado Vida tóxica, e onde fai referencia, entre outros temas, ao proceso da quimioterapia.
O 17 de maio de 2010 publica na súa páxina:
O 23 e 24 de setembro de 2012 organizou en Boimorto un festival solidario chamado Festival de la Luz para recadar cartos para a Asociación Española contra o Cancro. A seguinte edición foi nas datas 14 e 15 de setembro de 2013.
Discografía miniatura|180px|Luz Casal en setembro de 2014, Festival de la Luz. Luz Casal vendeu en total máis de 5 millóns de discos.El Mundo Entregan el galardon de 5 000 000 de copias vendidas a luz casal El ascensor (1980), single Luz (1982), tamén chamado No aguanto más. Los ojos del gato (1984) Luz III (1985) Quiéreme aunque te duela (1987) Luz V (1989) A contraluz (1991), onde están incluídos os temas que formaron parte da banda sonora de Tacones Lejanos, o filme de Pedro Almodóvar. Como la flor prometida (1995) Pequeños y grandes éxitos (1996) Best of Luz Casal (1998). Presentouse unicamente no mercado francés, con cancións tamén nese idioma. Un mar de confianza (1999). Disco de platino. Con otra mirada (2002). Disco de platino. Sencilla alegría (2004). Disco de platino. Pequeños, medianos y grandes (2006), recompilatorio. Disco de platino. Vida tóxica (2007). Disco de ouro"Luz Casal consigue un disco de oro por 'Vida Tóxica'" , ADN, 18 de decembro de 2007 .. La pasión (2009) Almas gemelas (2013)
Participou nas bandas sonoras de filmes como Tacones Lejanos, Solo Mía ou O bosque animado.
Recoñecementos 2010: Medalla Castelao. 2013: Premio Nacional das Músicas Actuais, do Ministerio de Educación e CulturaLuz Casal, Premio Nacional das Músicas Actuais. 2018: Grelo de Ouro da Fundación Amigos de Galicia. 2023: galardón honorífico dos Premios Martín Códax da Música. 2023: Medalla de Galicia. 2026: Premio Fernández Latorre. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial da cantante
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Boimorto Categoría:Nados en 1958 Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Cantantes en lingua francesa Categoría:Medalla de Ouro de Galicia