A serra de San Mamede forma xunto coa serra da Queixa, a serra do Fial das Corzas e os montes do Invernadeiro o espazo natural máis completo da alta montaña galega, o gran macizo ourensán. Pertence aos concellos de Montederramo (ao norte e leste), Maceda (ao oeste) e Vilar de Barrio (ao sur). O punto máis alto é a chamada Fonte do Santo, a 1614 metros de altitude, onde se atopa unha capela na honra do santo que dá nome á serra e onde se celebra unha romaría na segunda semana do mes de agosto.
miniatura|250px|Vaca preto da Fonte do Santo, o punto máis alto da serra de San Mamede. Características Vexetación Na cara leste a vexetación é propia dun clima continental de alta montaña, a chamada rexión eurosiberiana galega. Atopamos no noso camiño vexetación de monte baixo, queirugas, cerquiños, uces brancas, arandos, cancireixos e máis bosques de coníferas resultado da repoboación forestal. Por outra banda, dirixindo a nosa mirada cara ao oeste, baixando pois ao val de Maceda, aparecen carballos, castiñeiros e bidueiros.
Espazo natural Trátase dunha área con parte súa protexida dentro da zona especial de conservación (ZEC) Bidueiral de Montederramo da Rede Natura 2000. Estivo en proceso cualificación como parque natural. Ata o ano 2004 mantívose unha reserva de cervos e corzos nun cercado da parte oeste que hoxe existe e non está a ser empregada. Preto deste cercado se atopa o centro de educación ambiental As Corcerizas.
A paraxe da cara oeste da serra é coñecida como O Coudillo, apelido da familia dona do lugar até a década de 1950. Por entón o Estado adquiriu os terreos co propósito de construír unha residencia de verán para Francisco Franco. Co proxecto cancelado déuselle á zona un uso forestal, como casa do garda forestal. Na década de 1980 comezou a sufrir un abandono paulatino, que concluíu en 2003 co abandono total das instalacións. miniatura|280px| Serra de San Mamede.
Fauna e outros A serra de San Mamede está repartida entre as moitas parroquias de cada un dos catro concellos que a forman. Así, as aldeas presentes na serra empregan os seus montes comunais repartidos por todo o territorio como lugar de pasto para o gando, maioritariamente vacún, e como zonas produtoras de madeira.
Repartidos por toda a serra, aínda que soamente son doados de divisar no inverno, pódense atopar corzos, cervos, xabaríns e lobos, ademais de coellos e lebres, claros indicadores das rexións da Galiza interior. Tamén hai ampla variedade de aves, réptiles e anfibios. En canto as aves, cómpre destacar a existencia de máis de cen especies, entre as que temos a charrela (Perdix perdix), somorgullos, martiño peixeiro, lavandeiras e un bo número de aguias e falcóns.
Historia Na Serra de San Mamede, concretamente nos lugares coñecidos como Corgo do Boi e As Gorvias, tiveron lugar seis dos nove asasinatos cometidos por Manuel Blanco Romasanta, o lobishome de Allariz.Mariño Ferro, 105.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Montes de Galicia
San Mamede Categoría:Montederramo Categoría:Baños de Molgas Categoría:Maceda Categoría:Vilar de Barrio