Just Like Heaven é un filme estadounidense de 2005 dirixido por Mark Waters. Está protagonizado por Reese Witherspoon, Mark Ruffalo e Jon Heder. Baséase na novela francesa de 1999 Et si c'était vrai... de Marc Levy. Steven Spielberg obtivo os dereitos para producir o filme a partir do libro. Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 16 de setembro de 2005. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica e recadou 102 millóns de dólares.

Sinopse Elizabeth Masterson (Reese Witherspoon) é unha doutora dedicada ao seu traballo. Cando a súa irmá, que ten dúas fillas, lle consegue unha cita, Elizabeth ten un accidente automobilístico. Mentres tanto, un arquitecto paisaxista chamado David Abbott (Mark Ruffalo) múdase a San Francisco ao antigo apartamento de Elizabeth. Cando David está no apartamento, o espírito de Elizabeth acósao. Ela non lembra quen é, cal é a súa familia nin a que se dedicaba. Só lembra que ese é o seu apartamento e o lugar no que estaban as súas cousas. David acepta descubrir quen era Elizabeth, e segundo vai descubrindo cousas sobre ela, os dous comezan a namorarse.

Personaxes Reese Witherspoon como Elizabeth Mark Ruffalo como David Donal Logue como Jack Dina Waters como Abby Ben Shenkman como Brett Ivana Miličević como Katrina Caroline Aaron como Grace Rosalind Chao como Fran Ron Canada como Walsh Willie Garson como Maitre D' Jon Heder como Darryl

Acollida Recadación Just like Heaven recadou 48,3 millóns de dólares nos Estados Unidos e o Canadá, e outros 54,5 millóns máis noutros territorios, conseguindo un total internacionalmente de 102,9 millóns sobre un orzamento de 58 millóns.

Notas

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Mark Waters Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes de DreamWorks