Gujarat (en , Gujarāt:  ) é un estado da República da India. A súa capital é Gandhinagar, unha cidade planificada preto de Ahmedabad, a antiga capital e centro comercial do estado. Situado ao suroeste da peníndula indostánica, limita ao noroeste con Paquistán, ao norte con Rājasthān, ao leste con Madhya Pradesh, ao sueste con Maharastra e ao oeste co mar Arábigo (océano Índico).

Convertido en estado o 1 de maio de 1960, considérase unha das zonas de maior crecemento económico do país. Despois de Maharastra, é o estado máis industrializado da India.

Neste estado naceron dous dos principais líderes da independencia da India: Mahatma Gandhi e Sardar Vallabhbhai Patel.

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina web oficial

Categoría:Subdivisións da India