Radio Amistad foi unha emisora de radio fundada en Barcelona por Olegario Sotelo Blanco no ano 1985. A estación foi pechada poucos meses despois por orde da Generalitat de Cataluña. Traxectoria Os estudios da radio estaban localizados na Pedrera, edificio obra de Antoni Gaudí e comezou a emitir antes de ter a concesión da licenza. O público da radio era a comunidade de emigrantes galegos en Barcelona emitindo principalmente en catalán, aínda que ao galego éralle reservado o 20% da programación. A radio tivo como os locutores destacados o propio Sotelo Blanco, Margarita Ledo Andión, Manuel Outeiriño e buscaba colaboradores entre os estudantes galegos da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Autónoma de Barcelona.
Radio Amistad foi clausurada por orde das autoridades catalás por carecer de licenza. Con todo, Olegario Sotelo Blanco sostén que a motivación do peche foi política. Segundo sinala o fundador, Ramón Piñeiro, entrevistado o día antes do peche, procurou mediar coa administración para que se mantivese a emisora, sen éxito. Malia ao fracaso, algúns investigadores afirman que Radio Amistad supuxo un importante pulo para a radiodifusión en galego en Cataluña pois favoreceu o desenvolvemento de diferentes iniciativas como a ERGAC.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Olegario Sotelo Blanco
Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Emisoras de radio de España