Manuela Palacios González, é unha filóloga e profesora universitaria galega.
Traxectoria A súa investigación centrase no estudo da literatura irlandesa e galega contemporánea, editando e coeditando varios libros en relación con esta liña de investigación. Outras publicacións inclúen traducións de poesía e ficción europea e árabe, monografías sobre a imaxinería pictórica en Virginia Woolf e en Richard III de William Shakespeare, así como tamén artigos sobre ecocrítica.
Desde 2020 é membro do College of Expert Reviewers da European Science Foundation.
Notas
Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en ano descoñecido