miniatura|Estrutura do sirohemo.

O sirohemo é un grupo prostético similar ao hemo situado no sitio activo dalgúns encimas onde realiza a redución de seis electróns do xofre e o nitróxeno. É un cofactor do sitio activo da sulfito redutase, que exerce un importante papel na vía de asimilación do xofre, convertendo o sulfito en sulfuro, o cal pode incorporarse no composto orgánico homocisteína (un aminoácido).

Biosíntese

Como todos os tetrapirrois, o ligando macrocíclico do sirohemo deriva do uroporfirinóxeno III. Este porfirinóxeno é metilado en dous aneis de pirrol adxacentes para dar dihidrosirohidroclorina, a cal é seguidamente oxidada rendendo sirohidroclorina. Despois, unha ferroquelatase insire ferro no macrociclo para dar lugar ao sirohemo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ferredoxina-nitrito redutase Hidroxensulfito redutase Nitrito redutase (NAD(P)H)

Bibliografía

Categoría:Tetrapirrois