Mercedes Vázquez Saavedra, nada en Sarria en 1949, é unha escritora, fotógrafa, etnógrafa e documentalista galega.
Traxectoria Cursou estudos en Lugo e León. Traballou como profesora de educación física, e despois na Administración pública.
É unha destacada fotógrafa das mulleres da raia, ou arraianas. Son recoñecidos en Galicia, no norte de Portugal e nas provincias pegadas a Galicia de Castela e León, os seus traballos documentando e impulsando os Entroidos e a conservación das máscaras propias de cada lugar.
Obra Pobra do Brollón (Concello da Pobra do Brollón, 2000). Guía da Ribeira Sacra, con Carmen Vázquez Pérez-Batallón (Editorial Galaxia, 2001). ISBN 978-84-8288-451-6 O Courel (Editorial Galaxia, 2003). ISBN 978-84-8288-634-3 María Mariño; do mar de Noia á Serra do Courel (Consellería de Cultura, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, 2007). Ramón Piñeiro do val de Láncara a Compostela (Asociación Cultural Val de Láncara, 2009).
Premios e recoñecementos Xuíz Honorario do Couto Mixto, no 2019. Arraiana Maior, no 2021. Premio Mestra da Memoria, outorgada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), no 2023.
Galería Nomeamento como Xuíz Honoraria do Couto Mixto
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Sarria Categoría:Etnógrafos e folcloristas Categoría:Fotógrafos de Galicia