O sn-glicerol 1-fosfatoEste artigo usa a numeración estereoespecífica na que a estereoconfiguración non se especifica explicitamente. é a base conxugada dun éster fosfórico do glicerol. É un compoñente dos lípidos éteres, que son comúns nas arqueas.

Biosíntese e metabolismo

O glicerol 1-fosfato sintetízase reducindo a dihidroxiacetona fosfato (DHAP), un intermediario da glicólise, coa sn-glicerol-1-fosfato deshidroxenase. A DHAP e o seu derivado o glicerol 1-fosfato tamén se poden sintetizar a partir de aminoácidos e intermediarios do ciclo de Krebs pola vía da gliconeoxénese. x40px|DHAP + NAD(P)H + H+ → x40px|G1P + NAD(P)+

O glicerol 1-fosfato é o material inicial para a síntese de novo de lípidos éter, como os derivados do arqueol e caldarqueol. É primeiramente xeranilxeranilado na súa posición sn-3 por un encima citosólico, o fosfoglicerol xeranilxeraniltransferase. Un segundo grupo xeranilxeranil engádese despois na posición sn-2 producindo o ácido arquetídico insaturado.

Enantiómero Todos os organismos que non son arqueas, é dicir, bacterias e eucariotas, utilizan o enantiómero glicerol 3-fosfato para producir compoñentes das súas membranas celulares.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Glicerol 2-fosfato Glicerol 3-fosfato

Categoría:Organofosfatos Categoría:Ésteres do glicerol