Manuel Freire García, Cagallo, nado en Cedeira cara a 1905 e finado en Ferrol o 5 de xaneiro de 1942, foi un mariñeiro e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Organizou un grupo guerrilleiro que actuou na beira oeste do curso do río Sor, concretamente na zona do Barqueiro-Ortigueira. A detención dun dos membros do grupo, Modesto Freire Fernández, a finais de marzo de 1941, conduciu á su captura. Xulgado en consello de guerra xunto con Modesto Freire Fernández, foron condenados a morte. Foron executados en Ferrol o 5 de xaneiro de 1942.La Voz de Galicia, 6-1-1942, p. 2.El Ideal Gallego, 6-1-1942, p. 2.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1942