A lingua náhuatl de Morelos (en ) é unha variedade da lingua náhuatl falada polo pobo náhuatl no estado de Morelos, en México. En Morelos, o náhuatl fálase nas comunidades de Cuentepec, Hueyapan, Santa Catarina, Xoxocotla, Atlacholoayan e Tetelcingo. Porén, o náhuatl de Tetelcingo é adoita considerarse unha variedade separada pola súa fonoloxía altamente innovadora, e por ter unha intelixibilidade mutua moi baixa coas outras variantes de Morelos. Ethnologue tamén considera que as variedades de San Felipe Tocla e Alpanocan pertencen ao grupo de dialectos do náhuatl de Morelos aínda que están situadas no estado de Puebla. O náhuatl de Morelos pertence ás variedades centrais moi relacionados co náhuatl clásico. O náhuatl de Morelos está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Dakin, Karen e Ryesky, Diana. 1990. Morelos Nahuatl Dialects: Hypotheses on their historical divisions. Morelos en una economía global. Proceedings of the Congress in Cocoyoc, Morelos, November 19023, 1989. Presentado en xaneiro de 1990 Barrios E., M. 1949. Textos de Hueyapan, Morelos. Tlalocan 3:53-75. Johansson, Patrick, Johansson, Patrick. 1989. El sistema de expression reverencial en Hueyapan, Morelos. Tlalocan XI. 149-162

Pequeño diccionario ilustrado; Náhuatl de Cuentepec, Morelos. 2005. 1st ed. Tlalpan, D.F. Mexico: Instituto Lingüístico de Verano. 32 páxinas

Categoría:Lingua náhuatl Categoría:Linguas de México