Sinea diadema é unha especie de hemíptero da familia Reduviidae. É un insecto bivoltino, depreda pequenos escaravellos e outros insectos e pasa o inverno en estado de ovo.
Nome O seu nome científico vén do hebreo, na que sinea significa 'arbiusto espiñento' ou 'arbusto ardente', mentres que diadema significa 'coroa'.
Dieta O canibalismo non é común nesta especie. Porén, cando este ocorre xeralmente consiste en que femias grandes comen machos máis pequenos.
Reprodución As femias poden poñer ata 412 ovos en condicións de laboratorio. Poñen os ovos formando grupos.
Distribución É nativa de América do Norte e atópase na parte centrooccidental en campos, a miúdo asociada con Solidago missouriensis Nuttall. Atópanse xeralmente en praderías, xardíns e campos.
Notas
Categoría:Hemípteros Categoría:Animais descritos en 1776